Logotipo
Inicio > Proxectos > OBRADOIRO DE EMPREGO ESCOLA RURAL

OBRADOIRO DE EMPREGO ESCOLA RURAL

Imaxen asociada a nova

O Obradoiro de emprego Escola Rural promovido polo Concello de Lugo e subvencionado polo Fondo Social Europeo a través da Consellería de Traballo, ten como obxecto a rehabilitación das antigas escolas rurais de Airexe (Labio) e de Cabanas (Santa Comba)  que despois da súa rehabilitación quedarán habilitadas como centro cívico das respectivas parroquias.

O período de execución do programa abarca desde o 28 de decembro de 2009 ata o 27 de decembro de 2010.

Os Obradoiros de Emprego son programas mixtos de formación e emprego que se inclúen como medidas de apoio á creación de emprego.

As persoas participantes adquiren formación profesional e práctica laboral mediante:
- A realización de obras ou servizos de utilidade pública, ou de interese social, relacionados cos novos xacementos de emprego.
- A formación ocupacional recibida, relacionada cos traballos realizados, procura a cualificación profesional, mellorando a inserción ou reinserción laboral.

Simultaneamente coa formación e a experiencia proporciónase orientación, asesoramento e información profesional e empresarial.

Deste xeito mellórase a posterior inserción laboral: por conta allea, mediante a creación de proxectos empresariais ou de economía social.

No Obradoiro de emprego “Escola rural” participan un total de 21 traballadores que se formarán nas especialidades de albanelería e carpintería. 



Documentos




Cooperación
Concello de Lugo