Logotipo
Inicio > Proxectos > LugoQuálitas 2

LugoQuálitas 2

Imaxen asociada a nova

 Lugoquálitas 2, é un proxecto do Concello de Lugo, a desenvolver entre os anos 2011 e 2013, pertencente ao programa Leonardo da Vinci de aprendizaxe permanente, que ten como obxectivo que persoas recén tituladas universitarias e de formación profesional realicen prácticas en empresas de Alemaña, Italia e Reino Unido, co que poderán coñecer os métodos e formas de traballo das empresas en Europa, ademais de mellorar as súas capacidades de cara á integración plena no mercado de traballo.


O obxectivo é permitir que mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, que acaban de rematar os estudos universitarios ou de Formación Profesional en Lugo, continúen o seu itinerario formativo a través da realización de prácticas profesionais en empresas europeas.

Este ano convócanse 30 bolsas para 13 estancias en Florencia (Italia), 12 para estancias en Belfast (Reino Unido) e 5 en Hamburgo (Alemaña). As estadías neses países durarán 12 semanas, as 3 primeiras adicaranas a facer un curso intensivo da língua do país de destino no que perfeccionarán o idioma e aprenderán vocabulario específico para o mellor aproveitamento das prácticas e as 9 semanas restantes estarán adicadas á realización de prácticas en empresas dos sectores correspondentes ós estudos que cursaron, o que lles permitirá coñecer unha empresa europea do seu sector e tamén comprender o funcionamento dun novo mercado de traballo.

As bolsas para a realización de prácticas, baseándose nas condicións establecidas polo Programa Leonardo da Vinci, consistirán en custos de viaxe, desprazamentos ata o lugar de destino, seguro de asistencia en viaxe, custos de preparación lingüística, titorización das prácticas nas empresas, busca das empresas onde se realizarán as prácticas, xestión dos certificados oficiais e unha dotación económica de 400 euros mensuais.



Documentos


Bases de convocatoria.pdf


Cooperación
Concello de Lugo