Logotipo
Inicio > Proxectos > Obradoiro de emprego Urbs Lucus

Obradoiro de emprego Urbs Lucus

Imaxen asociada a nova

O Obradoiro de emprego “Vrbs Lvcvs” promovido polo Concello de Lugo coa subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, inicia as súas actividades o 30 de novembro de 2013 finalizando o 29 de abril de 2014.

Vai procurar desde o seu inicio dous obxectivos:

1.    A conservación e posta en valor dunha parte do rico patrimonio documental e arqueolóxico do Concello.

2.    Que os 24 alumnos/as - traballadores/as participantes adquiran a formación e destrezas profesionais necesarias para acceder ao mercado laboral.

Estes obxectivos teñen a súa vez como base a aposta e o compromiso do Concello de Lugo por promover a utilización das novas tecnoloxías na xestión e difusión do seu patrimonio histórico.

A implementación dun proxecto de dixitalización do patrimonio documental e arqueolóxico permite incrementar o acceso ó mesmo; mellorar o servizo que se presta ó usuario, ó proporcionar un acceso da mellor calidade ós recursos; e mellorar a preservación e conservación do patrimonio histórico.

A aplicación das novas tecnoloxías na xestión patrimonial con leva a necesidade de contar cun novo perfil de profesionais especializados en varias disciplinas, familiarizados coas técnicas e tecnoloxía dixital aplicadas ó patrimonio documental e arquelóxico, que sexan quen de xestionar os novos recursos dixitais. Para tentar cubrir esta demenda planificouse un proxecto formativo con tres especialidades: Xestión de documentos; Técnico en dixitalización de documentos e Técnico en dixitalización 3D do patrimonio cultural.

A especialidade de XESTIÓN DE DOCUMENTOS tiña como obxectivo xeral o de formar a profesionais nas novas técnicas e métodos de xestión de documentos nas organizacións baseadas na aplicación das novas tecnoloxías.

As actuacións realizadas por esta especialidade foron as seguintes:
- Revisión da sección de OBRAS E URBANISMO do inventario do fondo documental do Concello de Lugo dos séculos XVIII e XX.
- Catalogación e implementación de metadatos nas imaxes dixitais segundo as normas e estándares nacionais.

Trátase dun fondo documental de gran riqueza patrimonial e valor histórico xa que nos axuda a comprender e a elaborar o desenvolvemento urbano e arquitectónico da cidade. Revisouse o fondo co fin de seleccionar aquelas obras e proxectos que fosen importantes para explicar o desenvolvemento e a configuración da cidade, ben porque mostre un crecemento da mesma ou unha evolución de lugares emblemáticos, ou ben porque fagan referencia a edificacións moi significativas para a cidade.

O traballo foi máis ala dun simple inventario xa que se procedeu a descrición dos expedientes co fin de avanzar nunha posterior catalogación. Elaborouse un rexistro de autoridades e un tesauro necesarios para proceder a correcta descrición e indización das imaxes que posibiliten a súa recuperación e acceso.

Os traballos desenvolvidos concretáronse na consecución dos seguintes obxectivos:
- Inventario dos expedientes de licenza de obra maior do período séculos XVIII - 1950 acadando os 2.955 rexistros. Estes traballos incluíron a identificación, clasificación, ordenación e descrición dos expedientes.
- Catalogación da planimetría histórica do fondo documental do Concello acadando as 1.525 unidades de instalación.


A especialidade de TÉCNICO EN DIXITALIZACIÓN DE DOCUMENTOS tiña como obxectivo xeral mostrar os alumnos/as - traballadores/as as pautas que deben acometerse nun proxecto de dixitalización de documentos, así como as directrices que regulan a obtención, control, conservación e posta a disposición das imaxes xeradas a partir de documentos orixinais.

As actuacións realizadas por esta especialidade céntranse na dixitalización da documentación relativa a obras municipais e obras particulares de gran valor histórico desde o punto de vista informativo. Trátase de expedientes de apertura e urbanización de rúas e prazas na cidade e de expedientes de licenza de obra maior que axudan a mostrar a evolución urbanística e arquitectónica.

Para desenvolver os traballos de dixitalización configurarase un obradoiro once habilitaranse un total de oito postos de traballo segundo as características dos documentos tratados, equipos e procedementos de captura máis axeitados.

Os diferentes postos son:
- MESAS DE REPRODUCIÓN CON CÁMARA DIXITAL OU ESCÁNER CENITAL: Adicados a dixitalización de documentación histórica que se presenta nuns soportes máis delicados e cuns formatos que requiren dunha manipulación coidadosa e controlada (Expedientes pertencentes ó fondo de obras e urbanismo do século XVIIII e primeira metade do XX).
- ESCÁNER DE GRAN FORMATO: Para a dixitalización da planimetría histórica de gran formato.
- POSTOS DE PROCESADO DAS IMAXES: As imaxes obtidas polos diferentes sistemas de rasterización, serán procesadas a través de software de tratamento de imaxes, para a obtención dos ficheiros de conservación, (formato Tiff), e dos ficheiros de consulta (formato pdf.)
Os traballos desenvolvidos concretáronse na consecución dos seguintes obxectivos:
Ficheiros Tiff: 20.663
N° de Expedientes montados: 1.544 Planimetría procesada: 1.721

A especialidade de TÉCNICO EN DIXITALIZACIÓN 3D DO PATRIMONIO CULTURAL tiña como obxectivo formar a profesionais nas novas técnicas de rexistro e dixitalización 3D do Patrimonio.

A cidade de Lugo posúe elementos dunha grande riqueza patrimonial e valor histórico polo que o traballo realizado consistiu na dixitalización 3D de bens para acadar modelos dixitais que permitisen tanto o seu estudio métrico, como tamén, servir de soporte para diferentes produtos de difusión empregando as novas tecnoloxías.

Estes traballos posibilitan mellorar a xestión de bens patrimoniais de cara a súa protección e conservación, e avanzar na súa difusión e posta en valor empregando os últimos avances tecnolóxicos, cunha notable versatilidade na adaptación en diversos soportes multimedia: web, catálogos virtuais, audiovisuais, aplicacións interactivas, etc.

Existen diversas técnicas fotogramétricas en función do proceso de modelado ou a forma na que se tomaron as imaxes, neste obradoiro abordouse a denominada de obxecto cercano na súa variante monoscópica, que fa¡ referencia a posibilidade de utilizar fotos individuais como elementos a restituír.

Así, obtivéronse modelos tridimensionais de elementos patrimoniais de carácter arquitectónico e arqueolóxico como son as Portas de Miña e de Santiago da Muralla de Lugo, os achádeos arqueolóxicos de San Roque ou a fonte de San Vicente de Lugo.

O día 5 maio realizouse a entrega de diplomas aos beneficiarios do obradoiro.

Así mesmo atópase en tramitación a solicitude ante a Consellería de Traballo e Benestar dun novo obradoiro que tería coma fundamento a continuidade dos traballos realizados en Vrbs Lvcvs.

Imaxen asociada a nova



Documentos


Memoria.pdf
DOCUMENTACION.pdf


Cooperación
Concello de Lugo