Logotipo
Inicio > Proyectos > Plan de emprego municipal SELFE II

Plan de emprego municipal SELFE II

Imaxen asociada a nova

O Concello de Lugo, para sustituir o Plan Piles, que se viña executando dende o ano 2000, e poder dar continuidade a políticas activas de emprego, puxo en marcha no ano 2012 un innovador Plan de Emprego Municipal: o PRIMEIRO PROGRAMA EXPERIMENTAL DE SERVIZOS LOCAIS E FOMENTO DE EMPREGO (SELFE I),  a resultas do cal se contrataron 4 empresas, polo importe total de 240.000€, para levar executar diferentes contratos durante 5 meses. Para a licitación de cada un dos contratos propostos, tívose en conta non só o contido das obras a realizar, os materiais e a maquinaria a empregar, senón tamén a creación e o mantemento de postos de traballo en empresas locais, para colaborar a paliar os efectos da crise económica no noso Concello de Lugo, respondendo o deseño do plan SELFE I, a un triplo obxectivo:

- Contribuír a permanencia de empresas locais no tecido empresarial de Lugo
- Fortalecer o mantemento de postos de traballo e a creación de novos empregos.
- Levar a cabo actuacións de interese municipal

Unha vez rematadas as contratos anteriores,  analizáronse os resultados acadados, sendo estes moi satisfactorios, non só pola boa execución das obras realizadas, senón tamén pola creación e mantemento do emprego, superando incluso as expectativas formuladas na presentación do proxecto, xa que no SELFE I, participaron un total de 23 persoas, 10 traballadores antigos e 13 persoas desempregadas que tiveron a oportunidade de traballar en empresas locais o tempo que se desenvolveron traballos de interese xeral para os cidadás de este municipio.

SEGUNDO PROGRAMA DE SERVIZOS LOCAIS E FOMENTO DE EMPREGO (SELFE II)

A vista dos resultados do plan anterior e das altas taxas de desemprego existente, é polo que o Concello de Lugo, decide de acometer un segundo plan de emprego  municipal no 2013 denominado, SEGUNDO PROGRAMA DE SERVIZOS LOCAIS E FOMENTO DE EMPREGO (SELFE II), no que se están a executar 5 contratos para a realización de diferentes obras de mantemento de instalacións municipais, e nos que se esixe a adscrición de traballadores/as antigos e a contratación de alómenos dúas persoas desempregadas cun mínimo de antiguedade de 6 meses de inscrición nas Oficinas de Emprego de Lugo. O importe total adicado a estas contratacións é de 325.000€, aumentando unha contratación de servizo de mantemento e a duración dos contratos das persoas desempregadas que se contraten, así como do persoal existente na empresa que se inscriban a estes contratos.

Xúntase unha táboa, na que se reflicte a denominación dos contratos e se indican ás empresas adxudicatarias dos diferentes contratos.

Nota Importante: O Concello de Lugo, non participa na selección nin na remisión de candidatos/as, xa que son as empresas adxudicatarias as que realizan as contratacións, e se é o caso, envían a oferta ao servizo público de emprego e seleccionan ás persoas candidatas, de acordo ao compromiso acadado no seu contrato co Concello de Lugo.

Actualmente este Plan está finalizando, e o Concello de Lugo está a traballar na posta en marcha doutra Plan similar, que anunciará no mes de maio de 2014.



Documentos


TABOA OBRAS SELFE II.pdf


Cooperación
Concello de Lugo