SOLICITUDE 505: CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO
A persoa interesada maior de 18 anos ou quen posúa a súa representación legal.
Cubra o formulario que atopará na opción Trámite con certificado dixital, e asine a solicitude co seu certificado dixital conforme ás indicacións. No prazo aproximado de DOUS DÍAS, a contar do primeiro día hábil seguinte ao da recepción da súa solicitude no Concello, o certificado solicitado será depositado na súa Carpeta privada.
E IMPRESCINDIBLE QUE PREVIAMENTE, TEÑA SOLICITADO O ACCESO Á CARPETA CIDADÁ. Enviarémoslle unha mensaxe de confirmación de trámite.
Debe estar inscrito como usuario no Rexistro de usuarios/as e solicitar o acceso á Carpeta privada, na que se lle depositará o certificado solicitado.
Solicitude de Acceso á Carpeta Cidadá
DNI electrónico
Aproximadamente tres días, a contar do primeiro día hábil seguinte ao da recepción da súa solicitude no Concello.
Gratuíto.
Sección de Estatística – Concello de Lugo.
Cubra o formulario e confirme os datos. No prazo dun día a contar desde o primeiro día hábil seguinte ao da recepción da súa solicitude no Concello, recibirá por correo electrónico un aviso para recoller o certificado na Oficina de Estatística do Concello de Lugo (Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: de luns a venres, das 9 ás 14 h.
No momento de recoller o certificado, a persoa interesada deberá achegar o orixinal do documento de identidade en vigor.
No caso de actuar a través de autorización, a persoa autorizada deberá achegar, xunto coa autorización establecida, o seu DNI e o DNI da persoa que a autoriza.
Aproximadamente un día, a contar desde o primeiro día hábil seguinte ao da recepción da súa solicitude no Concello.
Gratuíto.
Sección de Estatística – Concello de Lugo.
Oficina de Estatística. Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: de luns a venres, das 9 ás 14 h. Sábados: das 10 ás 13 h.
Aproximadamente un día.
Gratuíto.
Sección de Estatística – Concello de Lugo.