Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
PADRÓN
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 510: VOLANTE DE EMPADROAMENTO



O volante de empadroamento é o documento que informa acerca dos datos relativos ao empadroamento que figuran no Padrón de habitantes.

O volante pode ser de dous tipos:
  • Individual: contén información unicamente da persoa interesada.
  • Conxunto: contén información de todas as persoas que figuran inscritas na mesma folla padroal.

Tramitar sen certificado dixital: www.lugo.es/PadronLugo

 

Quen o pode solicitar?
A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.

TRAMITAR POR INTERNET

Como se fai?
Pode imprimir directamente desde internet o volante de empadroamento, cubrindo o formulario de datos www.lugo.es/PadronLugo

Que documentación hai que presentar?
Non hai que presentar documentación.

Canto custa?
Gratuíto.

Onde se tramita?
Sección de Estatística – Concello de Lugo.

Lexislación
  • Real decreto 1690/1989, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.
  • Resolución do 1 de abril de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a xestión e revisión do Padrón municipal.
  • Resolución de 4 de xullo de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos Concellos sobre a actualización do Padrón municipal.

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Que documentación hai que presentar?
  • Documento de identidade en vigor (orixinal) da persoa interesada, segundo o caso:
    • No caso de persoas de nacionalidade española: DNI
    • No caso de persoas estranxeiras comunitarias: número de identificación de estranxeira/o (NIE) e pasaporte ou documento de identidade do seu país.
    • No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: tarxeta de residencia ou pasaporte.
  • No caso de actuar a través de representante: documento que acredite a representación e orixinal e fotocopia do DNI da persoa interesada.

Onde se presenta?
 Oficina de Estatística. Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: de luns a venres, das 9 ás 14 h. 

Cal é o prazo para resolver?
O volante de empadroamento obtense ao momento.

Canto custa?
Gratuíto.

Onde se tramita?
Sección de Estatística – Concello de Lugo.

Lexislación
  • Real decreto 1690/1989, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.
  • Resolución do 1 de abril de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a xestión e revisión do Padrón municipal.
  • Resolución do 4 de xullo de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas aos concellos sobre a actualización do Padrón municipal.

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova