Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 251: DE LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN



Este trámite permite obter licenza urbanística para utilizar unha edificación unha vez rematada a súa construción, rehabilitación ou reforma, tras comprobar que as obras foron executadas de conformidade coa licenza outorgada e tras a visita do persoal técnico municipal e unha vez emitido o certificado final de obra pola directora ou director desta. Quen o pode solicitar?
A persoa interesada lexitimada.

Que documentación hai que presentar?
  • Solicitude de licenza de primeira utilización, indicando o número da licenza ou licenzas de obra.
  • Ficha técnica da edificación impresa en formato dixital compatible co rexistro de edificios, no modelo do Anexo II de FICHA TECNICA DE EDIFICACION que figura no BOP do 16 de xuño de 2012.
  • Orixinal ou copia compulsada do certificado e orzamento final de obra visado polo colexio oficial correspondente.
  • Orixinal ou copia compulsada da declaración de alta na contribución urbana.
  • Fotografías exteriores do edificio rematado, incluíndo todas as fachadas, con medianeiras, se as houbese.
  • Orixinal ou copia compulsada do certificado de illamento acústico.
  • Planos modificados, se os houbese.
  • Orixinal ou copia compulsada do certificado final de instalación da infraestrutura común de telecomunicacións, se procede.
  • Xustificante de pagamento da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.

Onde se presenta?
Rexistro Xeral. Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h. Sábados: das 10 ás 13 h.

Cando se presenta?
Unha vez finalizada a obra e sempre antes da utilización desta.

Cal é o prazo para resolver?
Dous meses, contados desde a presentación da solicitude coa documentación completa. Transcorrido este prazo sen se comunicar ningún acto, entenderase outorgada por silencio administrativo. En ningún caso se entenderán adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da lexislación ou planeamento urbanístico.

Canto custa?
Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova