Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 257: LICENZA DE OBRA MENOR



Este trámite permite obter licenza urbanística para a realización de obras de edificación de técnica sinxela e escasa entidade construtiva e económica, tales como ampliación, reforma ou rehabilitación, que non supoñan alteración do volume, do uso principal das instalacións e servizos de uso común ou do número de vivendas e locais, nin afecten ao deseño exterior, á cimentación, á estrutura ou ás condicións de habitabilidade ou seguridade dos edificios. Non se consideran obras menores os parcelamentos urbanísticos, os cerramentos de muros de contención, as intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados nin os grandes movementos de terra.

Quen o pode solicitar?
A persoa interesada lexitimada.

Que documentación hai que presentar?
Con carácter xeral (para todo tipo de obras):
  • Solicitude de licenza de obra menor.
  • Plano de situación e localización do inmoble no que se realizará a obra, referido ao Plan xeral, que facilitará o Servizo de Topografía.
  • Memoria descritiva das obras que se van realizar, indicando a superficie (m2) obxecto de obra.
  • Orzamento detallado.
  • No caso de que as obras afecten a fachadas: fotografías da edificación existente.
  • Xustificante de pagamento da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
  • Xustificante de pagamento do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.

Documentación específica para obras de peche de terreos:
  • Esbozo do terreo, no que se indiquen os lindeiros, o ancho dos camiños estremeiros, etc., así como a zona onde se pretende o peche e a altura deste.
  • Descrición dos materiais que se empregarán.
  • Xustificación da adaptación ao contorno.
  • Fotografías do terreo que se vai pechar, nas que se vexa con claridade se está ou non edificado.
  • No caso de que o terreo estea edificado: indicar o número da licenza de construción da edificación.

Documentación específica para obras en edificios existentes:
  • Indicar o número da licenza de construción.
  • No caso de instalacións de calefacción, indicar o tipo de combustible que se vai usar na instalación e a potencia útil calorífica da caldeira.

Onde se presenta?
Rexistro Xeral.Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h.
O Rexistro Xeral permanecerá aberto todos os sábados na Casa Consistorial,sito na Praza Maior nº 1 en horario de 10:00 ás 13.00

Cando se presenta?
Antes do inicio da obra, e non se poderá iniciar esta ata obter a correspondente licenza.

Cal é o prazo para resolver?
Un mes, contado desde a presentación da solicitude coa documentación completa. Transcorrido este prazo sen se comunicar ningún acto, entenderase outorgada por silencio administrativo. En ningún caso se entenderán adquiridas por silencio administrativo licenzas en contra da lexislación ou planeamento urbanístico.

Canto custa?
  • Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
  • Imposto segundo Ordenanza fiscal nº 202, reguladora do imposto sobre construcións, instalacións e obras.
  • A taxa e o imposto deben pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta os xustificantes de pagamento.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Observacións
  • No suposto que as obras afecten á execución ou reposición da calzada, beirarrúa ou calquera outro servizo, o Concello notificaralle a necesidade de presentar a correspondente garantía de cobertura (aval, depósito, etc.).
  • Para a concesión da licenza será necesario que se acheguen as autorizacións sectoriais preceptivas que se requiran segundo a lexislación de aplicación (autorización de estradas, autorización da Confederación Hidrográfica, etc).

Planeamento municipal
  • Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).
  • Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo (PEPRI).
  • Plan especial de protección do río Miño (PEPRIM).
  • E demais Planeamento de desenvolvemento aplicable ao caso.
  • Ordenanzas municipais.

 

Pode atopar a ordenanza reguladora das comunicacións de obras menores no apartado Casa do Concello > Ordenanzas Municipais > Outras ordenanzas


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova