Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 255: EXCEPCIONALIDADE DO CUMPRIMENTO DAS CONDICIÓNS DE HABITABILIDADE REGULADAS NO DECRETO 29/2010 DO 4 DE MARZO



Todas as vivendas de nova construción, así como as que se amplíen, renoven ou rehabiliten no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán cumprir as indicacións recollidas nas Normas de hábitat galego.

De non cumprirse tales normas, para que lle sexa concedida a licenza de obra oportuna debe solicitar a excepción do cumprimento das Normas do Hábitat Galego ante o Concello, responsable da súa tramitación. A excepción será resolta pola Consellería competente da Xunta de Galicia.
Quen o pode solicitar?
A persoa interesada lexitimada.

Que documentación hai que presentar?
  • Solicitude da excepcionalidade do cumprimento das Normas do hábitat galego.
  • Modelo previsto no anexo III do Decreto 262/2007, do 20 de decembro, polo que se aproban as normas do hábitat galego.
  • Dúas copias do proxecto básico e/ou de execución visado polo colexio profesional.
  • Dúas copias do anexo memoria xustificativa das condicións que motivan o incumprimento das Normas do Hábitat Galego.
    • Estudo de alternativas.
    • Identificación dos requisitos de excepcionalidade solicitados e criterios seguidos.
    • Xustificación e compatibilidade das actuacións coa calidade ambiental das vivendas.
    • Planos específicos dimensionais do cumprimento das Normas do hábitat galego (Figuras inscritibles, dimensións mínimas…).
    • Anexo fotográfico.
  • Se é o caso, dúas copias do plan de autoprotección e evacuación da edificación.
  • Outros documentos (P.E: actas da comunidade de propietarios, etc.). De ser o caso, hanse de presentar dúas copias.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.

Onde se presenta?
Rexistro Xeral. Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h. Sábados: das 10 ás 13 h.

Cando se presenta?
Con anterioridade ou simultaneamente á solicitude de licenza de obra maior.

Cal é o prazo para resolver?
Tres meses, contados desde a presentación da solicitude coa documentación completa.

Canto custa?
Gratuíto.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Quen resolve?
Consellería competente da Xunta de Galicia.

Trámites relacionados
Licenza de obra maior.

Normativa aplicable
- Decreto 262/2007, do 20 de decembro, polo que se aproban as Normas do Hábitat Galego.

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova