Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 265: DE ALIÑACIÓNS E RASANTES



Aliñacións e rasantes oficiais

A aliñación e rasante oficial poderase solicitar para os efectos de deslinde, parcelación, reparcelación ou edificación, e tera por obxecto que o Concello, a través dos seus servizos técnicos, sinalen as aliñacións e rasantes oficiais das parcelas.
A solicitude deberá ir acompañada dun plano de situación e un plano do solar a escala mínima de 1:500 con todas as cotas necesarias para determinar a súa forma, superficie e situación respecto ás vías públicas e fincas colindantes, acotando os anchos actuais da rúa e as rasantes, debéndose reflexar tamén cantos antecedentes e servizos concurran na parcela, así como as servidumes urbanísticas con que conta.
En solo de núcleo rural, cando existan cerramentos tradicionais, será obrigatoria a solicitude de aliñacións. O Concello, en cumprimento do artigo 28.d) da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, poderá modificar a aliñación definida nos planos para conservar os muros tradicionais, podendo autorizar o seu derrubamento cando este debidamente xustificado.

 

Quen o pode solicitar?
A persoa interesada lexitimada.

Que documentación hai que presentar?
  • Solicitude xeral.
  • Plano de situación da cartografía municipal no que se sinale a parcela.
  • Dúas copias do plano do terreo, a escala 1:500.
  • Xustificante de pagamento da taxa por expedición de documentos administrativos.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.
Onde se presenta?
Rexistro Xeral.Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h.
O Rexistro Xeral permanecerá aberto todos os sábados na Casa Consistorial,sito na Praza Maior nº 1 en horario de 10:00 ás 13.00

Cando se presenta?
En calquera momento e sempre antes de solicitar a licenza de edificación de obras de nova planta.

Cal é o prazo para resolver?
Tres meses, contados desde a presentación da solicitude coa documentación completa.

Canto custa?
Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Trámites relacionados
Licenza de obra maior.

Planeamento municipal
- Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).
- Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo (PEPRI).
- Plan especial de protección do río Miño (PEPRIM).
- E demais planeamento de desenvolvemento aplicable ao caso.
- Ordenanzas municipais.

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova