Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 264: DEVOLUCIÓN DE GARANTÍA



As persoas titulares das licenzas de obras para cuxo outorgamento se lles requiriu a presentación de garantía (aval, depósito, etc.) poden solicitar a devolución desta transcorrido un ano desde a recepción da obra.

No caso de que a garantía estea vinculada a unha licenza de edificación, a devolución da garantía procede unha vez transcorrido un ano desde a concesión da licenza de primeira utilización.

 

Quen o pode solicitar?
A persoa titular do aval ou garantía.

Que documentación hai que presentar?
  • Solicitude xeral.
  • Orixinal ou copia compulsada da carta de pagamento.
  • No caso de que a garantía fose un depósito: xustificante do banco onde conste o número de conta.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.

Onde se presenta?
Rexistro Xeral.Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h.
O Rexistro Xeral permanecerá aberto todos os sábados na Casa Consistorial,sito na Praza Maior nº 1 en horario de 10:00 ás 13.00

Cando se presenta?
Transcorrido un ano desde a recepción da obra.

Cal é o prazo para resolver?
Tres meses, contados desde a presentación da solicitude coa documentación completa.

Canto custa?
Gratuíto.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova