Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 263: DE PRÓRROGA DE LICENZA



Este trámite permite obter prórroga do prazo de iniciación ou de execución das obras ou instalacións amparadas por unha licenza concedida.

O Concello poderá conceder prórroga dos prazos da licenza por unha soa vez e por un novo prazo non superior ao inicialmente acordado, sempre que a solicitude se formalice antes da conclusión dos prazos determinados e que a licenza sexa conforme coa ordenación urbanística vixente no momento da concesión de prórroga.

 

Quen o pode solicitar?
A persoa titular da licenza.

Que documentación hai que presentar?
  • Solicitude xeral, na que se indique o número de licenza que se pretende prorrogar e se se trata dunha prórroga de prazo de inicio ou de prazo de execución.
  • Xustificante de pagamento da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
  • No caso de prórroga do prazo de execución:
    • Fotografías da obra.
    • Descrición da obra realizada.
    • Descrición da obra que falta por realizar.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.

Onde se presenta?
Rexistro Xeral.Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h.
O Rexistro Xeral permanecerá aberto todos os sábados na Casa Consistorial,sito na Praza Maior nº 1 en horario de 10:00 ás 13.00

Cando se presenta?
Antes de finalizar os prazos establecidos na licenza inicialmente concedida, contados a partir da notificación do acordo de concesión da licenza.

Cal é o prazo para resolver?
Tres meses, contados desde a presentación da solicitude coa documentación completa.

Canto custa?
Taxa segundo Ordenanza fiscal nº 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Planeamento municipal
  • Plan xeral de ordenación municipal (PXOM).
  • Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo (PEPRI).
  • Plan especial de protección do río Miño (PEPRIM).
  • E demais planeamento de desenvolvemento aplicable ao caso.
  • Ordenanzas municipais.

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova