Cargando....
Concello de Lugo
26/10/14
PADRÓN
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 504: DE ALTA POR OMISIÓN NO PADRÓN MUNICIPAL DE HABITANTES



Este trámite permite inscribirse no Padrón municipal de habitantes ás persoas que, vivindo habitualmente no Concello de Lugo, non figuran empadroadas en ningún concello.

O Padrón municipal é o rexistro administrativo onde constan as veciñas e os veciños dun municipio. Os seus datos constitúen unha proba da residencia no municipio e do domicilio habitual nel.

Toda persoa que viva en España está obrigada a inscribirse no Padrón do municipio no que resida habitualmente. Quen viva en varios municipios deberá inscribirse unicamente no que habite durante máis tempo ó ano. Quen o pode solicitar?
A persoa interesada maior de 16 anos ou quen posúa a súa representación legal.

Que documentación hai que presentar?
  • Solicitude de alta por omisión no Padrón municipal de habitantes.
  • Folla de inscrición padroal cuberta por todas as persoas maiores de idade que se inscriban (no caso de inscrición de menores, asinan a nai, pai ou titora ou titor legal). No caso de que se incorporen novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, terá que asinar na propia folla a autorización das novas inscricións algunha persoa maior de idade que xa figura inscrita nela.
  • Documento de identidade en vigor (orixinal e fotocopia) da persoa interesada, segundo o caso:
    • No caso de persoas de nacionalidade española: DNI
    • No caso de persoas estranxeiras comunitarias: número de identificación de estranxeira/o (NIE) e pasaporte ou documento de identidade do seu país.
    • No caso de persoas estranxeiras non comunitarias: tarxeta de residencia ou pasaporte.
  • No caso de actuar a través de representante, documento que acredite a representación.
  • No caso de alta de menores de 16 anos:
    • Libro de familia ou documento que acredite a tutela ou garda e custodia.
    • Copia do acordo regulador ou sentenza xudicial, no caso de separación ou divorcio.
    • Autorización do nai/pai/titora/titor, no caso de que a persoa menor de idade se empadroe no domicilio doutros familiares (avoas/avós ou tías/tíos).
  • Documentación relativa ó domicilio de alta, segundo sexa o caso:
    • Vivenda ocupada:
    • Autorización para residir na vivenda.
      • Vivenda en alugamento:
      • Contrato de alugamento ou último recibo de alugamento se o contrato se formalizou hai máis dun ano.
      • Último recibo de subministración de auga(*).
      • Último recibo de subministración de luz.
    • Vivenda en propiedade:
      • Escritura, contrato privado de compravenda ou recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución)(*).
      • Último recibo de subministración de auga(*).
      • Último recibo de subministración de luz.
    • Vivenda en réxime de cesión:
      • Autorización para residir na vivenda.
      • Recibo do IBI -imposto de bens inmobles- (contribución)(*) ou escritura pública que acredite que a persoa titular é a propietario efectiva da vivenda.
      • Último recibo de subministración de auga(*).
      • Último recibo de subministración de luz.
    • Pensión, hotel ou establecemento colectivo similar:
  • Xustificante de inscrición no rexistro deste.
    (*) A presentación destes documentos é voluntaria, se ben contribúe a axilizar a tramitación do expediente.

    Onde se presenta?
    Oficina de Estatística. Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: de luns a venres, das 9 ás 14 h. 

    Cal é o prazo para resolver?
    Aproximadamente dúas semanas.

    Canto custa?
    Gratuíto.

    Onde se tramita?
    Sección de Estatística – Concello de Lugo.

    Lexislación
    - Real decreto 1690/1989, do 11 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de poboación e demarcación territorial das entidades locais.

    - Resolución do 1 de abril de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas ós concellos sobre a xestión e revisión do Padrón municipal.

    - Resolución de 4 de xullo de 1997 da Presidenta do Instituto Nacional de Estatística e do Director Xeral de Cooperación Territorial pola que se lles ditan instrucións técnicas ós concellos sobre a actualización do Padrón municipal.

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova