Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 252: AUTORIZACIÓN AUTONÓMICA EN SOLO RÚSTICO PREVIA Á LICENZA URBANÍSTICA



Previamente á concesión de licenza de obras polo Concello daqueles usos e actividades autorizables en solo rústico, é necesario que a consellería competente da Xunta de Galicia outorgue a preceptiva autorización.

A solicitude de autorización autonómica debe formularse ante o Concello con anterioridade á solicitude de licenza de obra ou de actividade.

 

Quen o pode solicitar?
A persoa interesada lexitimada.

Que documentación hai que presentar?

  • Solicitude de autorización autonómica para usos e actividades en solo rústico previa á licenza urbanística.
  • Dúas copias do anteproxecto técnico, redactado por persoal técnico competente e visado polo correspondente colexio profesional, que conteña, como mínimo, a seguinte documentación:
    • Memoria descritiva do cumprimento da Lei 9/2002, na que se especificará:
    • Identificación e características esenciais da parcela e do seu contorno un radio mínimo de 500 metros.
    • Descrición e características esenciais do uso solicitado, xustificando o seu encadre entre os usos previstos no artigo 33 da Lei 9/2002.
    • Xustificación do acceso rodado público acorde coa implantación e resolución do abastecemento de auga, a evacuación e tratamento de augas residuais, a subministración de enerxía eléctrica, a recollida, tratamento, eliminación e depuración de toda clase de residuos, por medios individuais ou mediante conexión ás redes existentes, e á previsión de aparcadoiros suficientes.
    • Medidas correctoras necesarias para minimizar a incidencia da actividade solicitada sobre o territorio, e obter a menor ocupación territorial e a mellor protección da paisaxe, dos recursos produtivos e do medio natural, así como a preservación do patrimonio cultural e da singularidade arquitectónica da zona.
    • Especificación das características da edificación, xustificando o cumprimento do establecido na Lei 9/2002.
    • Xustificación de que a localización das edificacións e construcións é a máis apropiada para obter a maior redución do impacto visual e a menor alteración da topografía do terreo, e definición das condicións de socalcamento e de acabado dos balances resultantes para garantir a consecución destas esixencias.
    • Antecedentes das edificacións e construcións existentes, indicando as súas características principais, dimensións, superficies construídas e alturas, e a súa situación legal e licenzas urbanísticas que as amparen.
    • Planos de información e das construcións proxectadas:
    • Plano de situación a escala mínima de 1/500 ou outra que permita identificar suficientemente a parcela sobre a que se vai situar a edificación, as vías públicas de acceso, as edificacións e as características morfolóxicas do terreo nun radio mínimo de 500 metros.
    • Plano de situación en relación co planeamento urbanístico vixente, sinalando a situación da parcela e da edificación solicitada acoutando dimensións e distancias.
    • Planos acoutados dos alzados e seccións significativas nos que se reflictan as alturas das construcións, fachadas, ocos, características estéticas e construtivas, materiais, acabados exteriores así como valados e cerramentos previstos para o predio.
    • Planos das cubertas en planta e seccións, a escala axeitada para que se poida apreciar a solución adoptada, morfoloxía e características construtivas e os materiais e acabados previstos.
    • Planos de cada unha das plantas da edificación solicitada.
    • Planos do estado actual e modificado dos perfís do terreo e da parcela, nos que se aprecie que a localización e situación dos edificios é a máis apropiada para a maior redución do impacto visual e a menor alteración da topografía do terreo, así como as medidas adoptadas para minimizar a incidencia sobre o territorio xustificando graficamente os socalcamentos e os acabados dos socalcos e que se mantén o estado natural dos terreos polo menos nun 50% da súa superficie.
    • Reportaxe fotográfica que conteña:
    • Fotografías tomadas desde o interior da parcela, que reflictan, como mínimo, o existente cara os catro ventos.
    • Fotografías das edificacións tradicionais existentes na zona, nas que se poida apreciar o seu volume, tipoloxía e acabado.
    • Fotografías da parcela tomada desde a vía á que dá de fronte, na que se reflicta o seu estado actual.
  • Acreditación da superficie da parcela: dúas copias da certificación catastral descritiva e gráfica da parcela, que acredite a súa titularidade e superficie.
  • Documento no que se formalicen os compromisos da persoa interesada.
  • No caso de autorizacións de edificacións residenciais vinculadas a explotacións agrícolas e gandeiras:
    • Dúas copias do proxecto técnico de nova explotación agrícola, título administrativo de recoñecemento da existencia da explotación con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2003 ou informe descritivo da explotación existente, elaborado por enxeñeira/o agrónoma/o, técnica/o agrícola ou por outro persoal técnico competente, con visado colexial.
    • Dúas copias do informe de vida laboral das persoas ocupadas na explotación, emitido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.
    • Calquera outro medio de proba admitido en dereito que acredite a accesoriedade e complementariedade da vivenda respecto da explotación agrícola ou gandeira existente.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.

Onde se presenta?
Rexistro Xeral. Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h. Sábados: das 10 ás 13 h.

Cando se presenta?
Con anterioridade ou simultaneamente á solicitude de licenza de obra ou actividade en solo rústico.

Cal é o prazo para resolver?
Tres meses, contados desde a entrada do expediente completo no rexistro da consellería competente. Transcorrido este prazo sen se comunicar ningún acto, entenderase denegada a autorización por silencio administrativo.

Canto custa?
Antes da resolución, deberase aboar a taxa por servizos profesionais por autorizacións en solo rústico e solo de núcleo rural, segundo Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións da Comunidade Autónoma de Galicia.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Quen resolve?
Consellería competente da Xunta de Galicia.

Trámites relacionados
Licenza de obra maior.
Licenza de actividade non sometida a avaliación de incidencia ambiental.
Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.

Normativa aplicable

  • Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
  • Lei 15/2004, do 29 de decembro, de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.
  • Circular informativa 2/2003, do 31 de xullo, sobre réxime de autorización en solo rústico.

Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova