Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 261: DE CAMBIO DE TITULARIDADE DE LICENZA DE OBRA



Este trámite permite comunicar o cambio de titularidade dunha licenza de obra ou de actividade xa concedida ou en trámite, para a súa toma de razón.


  Tramitar sen certificado   Tramitar con certificado  


Quen o pode solicitar?
A persoa titular da licenza ou a persoa que pretende ser a nova ou o novo titular.

Que documentación hai que presentar?
  • Solicitude de cambio de titularidade de licenza, indicando o número da licenza.
  • Documento no que se acredite o consentimento do anterior e da nova ou do novo titular para realizar o cambio de titularidade, ou sentenza xudicial que o dispoña.
  • Copia da acta de constitución da sociedade ou comunidade de bens, se a houbese.
  • No caso de cambio de titularidade de licenza de obra: xustificante de pagamento da taxa pola prestación de servizos urbanísticos.
  • No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.

Onde se presenta?
Rexistro Xeral.Centro de Servizos Municipais, Ronda da Muralla, 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h.
O Rexistro Xeral permanecerá aberto todos os sábados na Casa Consistorial,sito na Praza Maior nº 1 en horario de 10:00 ás 13.00

Cando se presenta?
No momento de producirse o cambio de titularidade.

Canto custa?
- No caso de cambio de titularidade de licenza de obra: taxa segundo Ordenanza fiscal número 103, reguladora da taxa pola prestación de servizos urbanísticos. A taxa debe pagarse previamente á presentación da solicitude e acompañar a esta o xustificante de pagamento.

- No caso de cambio de titularidade de licenza de apertura: taxa segundo Ordenanza fiscal número 104 reguladora das taxas por licenzas de apertura de establecementos. O pagamento da taxa realizarase unha vez que sexa concedido o cambio de titularidade, no momento en que se proceda a retirar o título da licenza.

Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo.

Trámites relacionados
Licenza de obra maior.
Licenza de obra menor.
Licenza de actividade sometida a avaliación de incidencia ambiental.
Licenza de actividade non sometida a avaliación de incidencia ambiental.

Deste este enlace poderá vde. descargar e autocompletar a solicitude e presentala no concello a través do Rexistro electrónico. (Axuda rexistro electrónico).

 


Solicitude

Descargar solicitude
Descargar


Documentos

icona pdfSolicitude en castelán

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova