Cargando....
Concello de Lugo
27/04/24
LICENZAS
Escoita esta páxina

SOLICITUDE 259: COMUNICACIÓN PREVIO Ó INICIO DE ACTIVIDADES OU APERTURA DE ESTABLECEMENTOS



COMUNICACIÓN PREVIA Ó INICIO DE ACTIVIDADES OU APERTURA DE ESTABLECEMENTOS.
A Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, suprime con carácter xeral a necesidade de obtención de licenza municipal de actividade, apertura ou funcionamento para a instalación, implantación ou exercicio de calquera actividade económica, empresarial, profesional, industrial ou comercial, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Atribúe ós Concellos a comprobación, control e inspección das actividades.
-    É de aplicación:
A instalación e apertura de establecementos e o exercizo de actividades económicas. Inclúese a apertura dos establecementos públicos e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas, ágas nos casos en que por razóns de interese xeral sexa necesario a obtención de licenza municipal, conforme o establecido na Lei 9/2013. A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, precisarán da obtención previa de licenza ou autorización.
-    Exclúense do réxime de comunicacións:
•    As actividades recollidas no artigo 41 da Lei 9/2013.
- Quen debe presentar a comunicación de inicio de actividade?
Quen exerza a súa titularidade.
- Qué documentación hai que presentar?
a) Memoria explicativa da actividade que se pretende realizar, coa manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos.
b) Declaración de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que os locais e as instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e as demáis previstas no planeamento urbanístico.
c) Proxecto e documentación técnica que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación, con planos de localización a escala 1/1.000 da planimetría do Plan xeral de ordenación municipal, así como plano no que se localice o local dentro do inmoble no que se sitúa, memoria urbanística e memoria de superficies.
d) A autorización ou declaración ambiental que proceda.
e) As autorizacións e os informes sectoriais que sexan preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da obra, instalación ou actividae.
f) Se fora o caso, o certificado, acta ou informe de conformidade emitido polas entidas de certificación de conformidade municipal reguladas na Lei 9/2013.
Asimesmo, deberase presentar:
- Cando se trata de actividades comerciais,aportarse ficheiro cumprimentado para a súa comunicación a Dirección Xeral ós efectos de inscrición no Rexistro Galego de Comercio.
- Copia da licenza  de construción do inmoble, se este é posterior ao ano 1969; se é anterior, deberá facelo constar expresamente na instancia.
- Copia da licenza de primeira utilización da edificación, se a obra se finalizou con posterioridade ao ano 1977.
De se lo caso, deberá presentarse:
- No caso de que a actividade sexa exercida por unha sociedade ou comunidade de bens, deberase presentar copia da súa acta de constitución.
- No caso de actuar en representación, autorización escrita da persoa solicitante ou copia de poder para representala.
- Declaración dos datos que a xuízo da persoa solicitante gozan de confidencialidade amparada na normativa vixente.
- Onde se presenta?
Rexistro Xeral, Centro de Servicios Municipais, ronda da Muralla 197. Horario: luns a venres, das 9 ás 14 h. sábados: das 10 ás 13 h.
- Cando se presenta?
•    Con carácter previo ó inicio da actividade ou da apertura. Se para o desenvolvemento da actividade é precisa a realización dunha obra, a documentación esixida para a comunicación presentarase coa solicitude para a realización da obra, e logo de rematar a mesma presentarase a comunicación previa ó inicio da actividade.
•    É necesaria a comunicación previa nos casos de modificación da clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte á seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
- Canto custa?
Segundo a Ordenanza fiscal número 121, taxa pola intervención municipal nas comunicacións previas ás apertura de establecementos.
- Onde se tramita?
Servizo de Licenzas – Concello de Lugo
- Trámites relacionados
Licenzas de obra maior
Licenzas de obra menor
Comunicacións de obra menor
Licenza de primeira utilización.
- Normativa aplicable
•    Lei 9/2013,  do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. (DOGA 27/12/2013).
•    Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica.
•    Normativa reguladora das actividades sometidas a procedementos de avaliación ambiental (autorización ambiental integrada, avaliación de impacto ambiental, e avaliación de incidencia ambiental).
•    Planeamento municipal:
o    Plan xeral de ordenación urbanística (PXOM).
o    Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior do recinto amurallado de Lugo (PEPRI).
o    Plan especial de protección do río Miño (PEPRIM).
o    Demáis planeamento de desenvolvemento aplicable ao caso.
•    Ordenanzas municipais.
•    Instrucións de actuación nas comunicacións de actividades, aprobadas na Xunta de Goberno Local de 02/04/2014. (BOP de Lugo nº 093 do Xoves, 24 de Abril de 2014.)
EFECTOS DA COMUNICACIÓN:
•    A comunicación previa presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico do particular que habilita para o inicio da actividade ou faculta para a apertura do establecemento, e de ser o caso, para o inicio da obra ou instalación, e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.
•    O incumprimento sobrevido das condicións da comunicación previa ou dos requisitos legais da actividade será causa da ineficacia da comunicación previa, e habilitarán o concello respectivo para a súa declaración logo de audiencia do/a interesado/a.
•    A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, de calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa, comporta, logo de audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercizo do dereito ou da actividade afectada dende o momento en que se coñece, sen perxuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
•    A resolución administrativa que constata estas circunstancias comportará o inicio das correspondentes actuacións e a esixencia de responsabilidades, e poderá determinar a obriga do interesado de restituír a situación xurídica ao momento previo ao recoñecemento ou ao exercizo do dereito ou ao inicio da actividade correspondente, así como a imposibilidade de instar un novo procedemento durante un período de tempo determinado de entre tres meses a un ano.
•    Quen exerza a titularidade das actividades deberá:
o    Garantir que os seus establecementos manterán as mesmas condicións que tiñan cando estas foron iniciadas, así como tamén, adaptar as instalacións ás novas condicións que posteriores normativas establezan.
o    Comunicar ó órgano competente, cando se produza, calquera cambio  relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento.
o    Será, en todo caso, necesaria unha nova comunicación previa, nos casos de modificación da clase de actividade, cambio de localización, reforma substancial dos locais, instalacións ou calquera cambio que implique unha variación que afecte á seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova