logotipo ALUCEM

Asociacin lucense de esclerosis mltiple

Enviar amigo Imprimir

PRESENTACIÓN DA ASOCIACIÓN

ALUCEM é a Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple, a súa filosofía básase en ofrecer os máximos e mellores servizos aos afectados por dita enfermidade, así como tamén ás súas familiares.

Está constituída legalmente como asociación sin ánimo de lucro de ámbito provincial. Adherida a AEDEM (Asociación Española De Esclerosis Múltiple), está asimismo declarada de utilidade pública. ALUCEM empezou a súa andanza en xullo de 1996, aínda que foi a partir do 2002 cando resurxe con máis forza.

  Todas as Asociacións de Esclerosis Múltiple velan para que as persoas afectadas podan traballar e vivir en sociedade, rompan o seu aillamento e se manteñan activas. Estas asociacións, e concretamente a Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple, ofrecen servizos de rehabilitación e programas de estimulación, fisioterapia ou logopedia aos enfermos. Á súa vez, prestan asesoramento sanitario, consello xurídico e apoio emocional ás familias.

Outro obxectivo fundamental é o de organizar actividades de divulgación para dar a coñecer o alcance da enfermidade e conseguir o máximo compromiso por parte da sociedade, os medios de comunicación e as institucións públicas.

O diagnóstico dunha enfermidade como a esclerosis múltiple, enfermidade neurolóxica e dexenerativa, que comporta unha progresiva pérdida de facultades, provoca un gran impacto psicolóxico. Enfermos e familiares deben asumir o diagnóstico e prepararse para vivir unha situación nova.

O apoio psicolóxico, individual ou colectivo, os grupos de autoaxuda e a terapia familiar son algúns dos recursos dos que se dispoñen para disminuír a angustia e a sensación de aillamento, facer fronte á enfermidade e potenciar a convivencia no fogar.

Co proxecto de asistencia psicosocial, fisioterapéutica e ocupacional, as asociacións de esclerosis múltiple poñen a disposición das persoas afectadas os servizos dun psicólogo, un traballador social, un fisioterapeuta, e un terapeuta ocupacional, para que a súa labor repercuta nun maior benestar e unha mellor calidade de vida.

A Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple – ALUCEM, parte destos obxectivos xa os que temos conseguido, pois dispomos de asesoramento xurídico, logopeda, psicólogo, neurólogo, servizo de fisioterapia e acuaterapia, e de transporte adaptado para facilitar o acercamento ás nosas actividades.

É moi importante que as persoas afectadas por esta enfermidade se asocien, porque cantos máis asociados sexamos, máis subvencións poderán ser solicitadas aos organismos públicos e privados e, deste xeito, contar con máis servizos e coa continuidade dos que xa dispomos.

Tamén, se o desexa, pode realizar os seus donativos na conta bancaria nº 00720221790000103521 do Banco Pastor.