logotipo Hipócrita teatro

Hipócrita teatro

Enviar amigo Imprimir

HISTORIA

 Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro do ano 2004, ó abeiro do Obradoiro de Teatro Permanente organizado polo Concello de Lugo e dirixido por Guillermo Cancelo.

Deu os seus primeiros pasos como grupo de teatro amateur, independente do obradoiro, participando no I Certame Cómico para Café-Teatro Garigolo, en Santiago, con dúas obras: O seguinte, de Terence Mcknally e Casting, unha peza de creación propia coa que acadou o segundo premio do certame (maio 2005).

Ao longo do ano 2005 o grupo participou no espectáculo de rúa La Locura del Quijote, organizado polo Concello de Lugo, e colaborou cos artistas Marta Prieto e Miguel Piñeiro escenificando performance na presentación das súas obras plásticas, “Jaula de Grillos” e “Vaca Sacra” respectivamente.

 Tendo como alicerce a colaboración coa Asociación Colectivo Adiante na celebración das II Xornadas de Atención Temperá (27, 28 e 29 de maio de 2005), o grupo creou o espectáculo Rompendo Inercias unha montaxe dramática coa que se trataron de maneira alegórica os temas dos relatorios.

O 25 de novembro do mesmo ano HT estrea Miserere, unha peza dramática sobre a violencia de xénero.

O 13 de maio de 2006, reestrea Miserere no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Fingoi (Lugo). Sen alterar a unidade dramática da obra primixenia, engádenselle ó espectáculo varias pezas breves orixinais conformando unha rede de estruturas metafóricas ao redor dos estereotipos sociais de xénero.

No mes de xuño, o grupo pon en escea a obra Deuses, tamén de creación propia, na Praza de Santa María de Lugo, acto que pon punto final á festa romana "Arde Lucus" 2006.

O 23 de xuño participa nos actos organizados pola Asociación de Veciños de Garabolos co gallo da noite de S. Xoan cun espectáculo de rúa protagonizado por personaxes da mitoloxía popular galega asociados a ese ritual.

Na primavera do 2007 con motivo da celebración do Día do Emprendedor, estrea a obra infantil Chups, de creación propia, no centro de Empresas e Formación do Concello de Lugo.

O 24 de abril presenta unha nova versión do espectáculo Miserere baixo o título de Creba-Cabezas no Auditorio Gustavo Freire de Lugo dentro do programa da V Mostra de Teatro Cidade de Lugo.

O 10 de xuño volve pechar a festa romana Arde Lucus coa obra Die Irae, de Xavi Loureiro, membro do grupo.