Logotipo Gatos Roxos

Asociación de vecios. As Gándaras-Lugo

Enviar amigo Imprimir

Con moito esforzo e traballo, este colectivo construiu as súas pequenas e humildes vivendas unifamiliares ata formar un dos barrios mais populosos e peculiares polo seu orixe e formación.

Tendo en conta estas características, é evidente que tal volume de poboación e asentamentos familiares, precisan de unha infraestructura axeitada a calquer outro barrio ou zona da cidade, mais adiantada; suponse ou se presupon que se precisarían unhas rúas en bo estado, beirarruas para os peóns, alcantarillado en todalas rúas, un axeitado alumeado, pasos de peóns…, paradas de autobús con marquesinas, contadores dabondo,zonas verdes e de esparcimento, etc.

Sen embargo, ao longo dos anos, os distintos e sucesivos Gobernos locais de Lugo, sumiron o barrio nun total esquecemento e falla de inciativas por parte do Concello con respeito a esta zona. E mási, a maioría das obras exiatentes(léase alcantarillado, beirarrúas, alumeado, auga corrente) forón feitas coa contribución dos propios veciños, tendo en conta que, na súa maioría, son xente que pertenece a crase media-baixa, e que a pesares de esto pagan os seus impostos como os demais,ainda que non reciben a contraprestación que os seus impostos deberan de xerar na sua calidade de vida.

A ASOCIACION DE VECIÑOS “ GATOS ROXOS”, quere ser un punto de encontro para todolos socios e veciños das Gándaras. O noso funcionamento democrático e aberto a todolos veciños e veciñas, é unha invitación a colaboración de todos.Para o futuro seguiremos facendo mais charlas, mais conferencias, mais cursos, é seguiremos loitando para que a calidade de vida soa veciños e veciñas do Barrio das Gándaras, sexa mellor ou igual que a de calquer barrio da cidade.