Logotipo Gatos Roxos

Asociación de vecios. As Gándaras-Lugo

Enviar amigo Imprimir

Historia

Foi polo outono do ano 98, cando un grupo de veciños e veciñas do Barrio das Gándaras, se xuntaban por primeira vez, para falar dos problemas que tiña o noso barrio, das inquedanzas dos veciños e veciñas, dos proxectos , de moitas cousas que o barrio non tiña, é que co seu crecemento, demandaba.

Entón decidiron constituír unha Asociación de veciños, que aínda non tiña nin nome, pero si cometido, -ser un punto de encontro para veciños e veciñas do barrio- pedir que se tivera en conta no Concello, este barrio de xente humilde, traballadora, pero con necesidades,- mellora e pavimentación de rúas, dotación de redes de saneamento é auga potable, alumeado, dotación de beirarrúas para os peóns, etc. Infraestructuras que, o resto da cidade xa tiña, é o noso barrio aínda carecía delas.
Pero tamén buscabamos algo mais- dotar de actividades de ocio,-charlas, conferencias, cursos e festas- facer que os veciños e veciñas se xuntaran, se coñeceran, é intercambiaran coñecementos,.
En todo isto influíu tamén a busca de un nome para esta Asociación, é foi entón cando xurdíu “Gatos Roxos”, un nome carismático, e representativo dunha parte do barrio, a zona dos Gatos Roxos.
Despois de cinco anos,traballando, nos que conseguimos implicar a mais de oitocentos veciños e veciñas do barrio nas distintas actividades da Asociación, participando dos cursos(cociña, informática, manualidades,etc)das Charlas e conferencias(As doenzas dos maiores, sobre cogomelos, sobre drogas, etc.) é coas festas, ( fogueira e festa do San Xoán-churrascadas populares ,paella xigante , magostos ,etc)
Agora, de cara o futuro, seguiremos a traballar día a día, para facer que o noso barrio cheque a equipararse a calquera outro barrio da cidade,conseguir que o novo Plan Xeral lle de harmonía é desenvolvemento o barrio, o rexurdir das novas zonas industriais non taponen o seu crecemento , é a creación de unha gran zona deportiva e verde para o noso barrio, que lle de valor engadido o mesmo, mellorando así a calidade de vida dos veciños e veciñas do mesmo.
Seguiremos a loitar para que aquel lema que dicía o amigo Luciano de “as Gándaras, un barrio orientado o sol de mediodía·” sexa unha realidade.