logotipo ALUCEM

Asociacin lucense de esclerosis mltiple

Enviar amigo Imprimir

HISTORIA

A Asociación Lucense de Esclerosis Múltiple (ALUCEM) parte da necesidade que teñen os afectados de agruparse e dar saída ás súas necesidades máis inmediatas para mellorar a súa calidade de vida.
Somos unha asociación sin ánimo de lucro e cuns fins tales como:

Dar a coñecer a enfermidade,prestar apoio tanto a afectados como ás súas familias e loitar para que os nosos socios e socias a través das actividades que realizamos leven unha vida o máis independiente posible conseguindo así un contorno familiar máis feliz.
Dispoñemos dun local que nos cedeu o Excmo. Concello de Lugo a través da Concellería de Benestar e Asuntos Sociais na, Nave das Asociacións local 7, Frigsa e é alí, onde grazas á aportación económica da Fundación Pedro Barrié de la Maza realizamos a actividade de rehabilitación (de Luns a Xoves) ,que sen dúbida lles aporta aos beneficiarios/as un gran impulso no seu mantemento ao igual, que a prática de exercicios levados a cabo os Venres na piscina das Pedreiras, na que grazas ao Concello ( Concellería de Deportes) teñen posibilidade de acceso todos os asociados/as grazas á grúa instalada fai uns meses.
Nestos momentos estamos en contacto con bancos e caixas de aforros para que, a través de fondos, con fins sociais podamos acceder a una subvención que empregaremos en adecuar as instalacións dun local do que dispoñemos na rúa Alfredo Brañas da nosa cidade (cedido por “Vivienda y Suelo”) e que nos aportaría un lugar para realizar Terapía Ocupacional así como actividades que complementen desde outro campo a mellora das condicións de vida e proporcionen un maior benestar a todos os nosos socios e socias.
Disponemos de servicio de :
Rehabilitación,Psicólogo, Neurólogo,Logopeda e Asesor xurídico ,en Xaneiro disporemos de transporte adaptado co fin de que todos o nosos asociados (de Lugo e Provincia) teñan as mesmas posibilidades de atención.
Desde o ano 2001 esta Asociación realiza Xornadas Informativas para toda a poboación co fin de que non exista descoñecemento sobre a E.M. ,ante o éxito obtido por tal iniciativa e co fin de facer cada vez unhas Xornadas máis completas e satisfactorias para todos e todas, esta Asociación, acordou realizar as Xornadas de cada dous anos.
Por ese motivo esperamos verte no 2004 e que compartas con nós uns momentos no só de aprendizaxe senón tamén de ocio, enfocados a facer máis fácil a vida de todos e todas.
Neste ano 2003 entendimos o importante que é realizar actividades de ocio para conseguir unha maior integración na sociedade por eso, no mes de Xuño tivemos o primeiro encontro de socios/as, familiares e amigos de Alucem, o resultado foi tan bo que en Septembro atrevímonos cun viaxe en catamarán polos cañóns do Sil e se ben teño que dicir que existían algunhas barreiras arquitectónicas ,estas non mermaron as nosas ganas de disfrutar, así que, en Novembro celebramos unha pulpada e un magosto para festexar o San Froilán e a chegada do outono e estamos seguros que no que queda de ano e no que se aproxima continuaremos con esta iniciativa que aporta a esta asociación e aos que participan unha recarga de ganas de loitar e continuar adiante.