Kastri Racing

logotipo de kastri racing

Enviar amigo Imprimir

Historia

O Kastri Racing Team é un moto club dedicado á promoción do deporte do motociclismo en Lugo e en Galicia.

Actividades do Kastri Racing Team:

Desde 2001 á actualidade: cursos de conducción en circuito, todos eles no trazado permanente, “Vasco Sameiro” de Braga en Portugal. Os primeros anos 4 ou 5 cursos ao ano, na actualidade organízanse 16, repartidos en fins de semana e festivos desde marzo a novembro.

Ano 2007, organizador da única proba do campeonato galego de motociclismo de scooters, minimotos e minigp celebrada en Lugo. Lugar, circuito de Outeiro de Rei.

Ano 2007 e 2008, creador e organizador da Copa Celta de Motociclismo, única copa de promoción do noroeste de España. Esta Copa conta con 5 carreiras todas elas disputadas no circuito “Vasco Sameiro” de Braga en Portugal.

Ano 2008, organizador da Exposición de fotografía, “Lugo e as motos”, en memoria do piloto lucense “Juan Manuel López Mella” no centro comercial “As Termas”.

Ano 2008, organizador da carreira de “Clásicas Muralla 08” xunto coa concellería de deportes do Concello de Lugo.

Ao moto club Kastri Racing, pertenecen máis de 20 pilotos federados en diferentes competicións territoriais, nacionais e internacionais como son a Copa Celta, Campeonato nacional de velocidade (Portugués), Campeonato Galego de velocidade, Campeonato Galego de scooters minimotos e minigp, Campeonato de España e Campeonato Castelán Manchego de velocidade.