Enviar amigo Imprimir

Historia

Historia

Historia da asociación

No ano 1981, un grupo de enfermos renais propúxose mellorar as condicións de vida deste colectivo, nunha época na que o acceso ao tratamento de diálese estaba limitado a un número moi reducido de pacientes e as posibilidades de recibir un transplante eran moi escasas, debido entre outras cousas a que a lei que daquelas regulaba esta materia era moi obsoleta e non había concienciación da sociedade

 acerca da importancia da doazón de órganos.

A asociación foi declarada de utilidade pública polo Cosejo de Ministros o 9 de maio de 1984 sendo rexistrada como tal o 29 de maio do mesmo ano.

Dende entón moitas son ás persoas que colaboraron e traballaron con nosoutros  e todas elas queremos agradecérllelo, e para iso pensamos que a mellor forma de facelo e seguir traballando pola mellora das condicións de vida dos enfermos renais.