Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
Formulario
Escoita esta páxina

BUZÓN DA INFANCIA ON-LINE:

OS NENOS E NENAS TEDES A PALABRA

"Os nenos e nenas teñen dereito a expresar a súa opinión e a que esta se teña
en conta en todos os asuntos que lles afecten."
Art12 da Convención de Dereitos dos Nenos.

O Concello de Lugo asumiu no seu Plan de Infancia o obxectivo de impulsar a participación dos nenos e nenas lucenses nos asuntos da cidade que lles poidan afectar, por este motivo, pon en funcionamento o presente Buzón da Infancia ON- LINE.

Quen pode escribir neste Buzón de Infancia?

Poden escribir todos os nenos e nenas lucenses menores de 18 anos que queiran dar a súa opinión sobre como lles gustaría que fose a cidade de Lugo para os nenos e nenas e para as súas familias.

Que podo contar?

Podedes contar a vosa opinión sobre a cidade de Lugo e as cousas que vos gustan da cidade e as cousas que vos gustaría que cambiaran. Podedes falar sobre os parques, os xogos, as escolas, os deportes, as rúas, os colexios, …e todo o que poidades imaxinar.

Que se vai facer coas propostas que se reciban?

Todas as opinións van a ser recollidas polo Concello de Lugo que as vai a ter en conta, na medida na que sexa posible, nas próximas actividades que se fagan.

Buzón nenos





RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova