Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
Formulario Orzamentos Participativos
Escoita esta páxina
1 - Qué é LOOP?

LOOP (Lugo Opina. Orzamentos Participativos) é un proxecto de Orzamentos Participativos co que pretendemos que a cidadanía tomedes a palabra, que sexades vos os que decidades como queredes que sexan os orzamentos. Isto supón un avance, unha consolidación e unha profundización con respecto de outras experiencias municipais.

Os Orzamentos Participativos do Concello de Lugo contan cunha ambiciosa partida orzamentaria de 500.000€ destinados a que, vos, os propios cidadáns de Lugo decidades sobre a s diferentes fases de execución de gasto, dende a priorización do mesmo por áreas e a proposta de proxectos e ideas ata a votación das mesmas e a valoración.

2 - Quen pode participar?

Calquera cidadán de Lugo, o único requisito é estar empradoado. Todas as personas que teñades unha idea que queredes levar a cabo. Todas as personas con inquedanzas culturais, sociais,... tedes o voso espacio en LOOP. O único que tedes que facer é presentar ás vosas propostas ós Orzamentos Participativos.

3 - Cómo participar?: canles e fases

Canles de participación

A participación é moi sinxela e realizarase a través de tres medios, podedes facelo desde o que consideredes máis cómodo:

- A través do servicio 010 de Concello de Lugo, cunha chamada de teléfono
- A través da páxina web
- Por rexistro

O proxecto conta con varias fases:

1ª Fase

Na primeira fase pedimos ás/ós veciñas/os de Lugo que indiquedes en que áreas de gasto considerades que se debe priorizar dito orzamento e que fagades as propostas. O mesmo tempo, nesta primeira fase podesdes presentar as vosas propostas por áreas, cantas máis mellor. O orzamento máximo por proposta será de 10.000€.

Segundo a votación recibida por cada área, distribuirase a partida inicial prorrateada entre as tres máis votadas.

Pódense indicar entre unha e tres áreas, de xeito que dependendo do número de áreas votadas, a puntuación obtida será a seguinte:

Votación a tres áreas (indicar por orden de prioridade 1, 2 e 3, de xeito que 1 sexa a máis prioritaria):

- Área 1 recibirá 5 puntos
- Área 2 recibirá 3 puntos
- Área 3 recibirá 2 puntos

Votación a dúas áreas (indicar por orden de prioridade 1 e 2, neste caso, as dúas áreas votadas terán a misma puntuación):

- Área 1 recibirá 5 puntos
- Área 2 recibirá 5 puntos

Votación a unha única área (indicar a área prioritaria cun 1, neste caso, esa área será a única que reciba puntuación coa súa votación)

- Área 1 recibirá 10 puntos

2ª Fase

a) Valoración técnica (fase interna)

As ideas e proxectos presentados serán valoradas polos técnicos do Concello para confirmar que conten coa viabilidade técnica e económica necesaria para levalos a cabo. Como resultado dista valoración conformarase un listado con aquelas propostas de satisfagan o criterio técnico. O listado será exposoto publicamente para a votación polos veciños das diferentes propostas.

b) Exposición publica do listado de propostas e votación

Na segunda fase, votaranse as propostas de cada área ata completar o orzamento distribuido na primeira fase, de xeito que as ideas presentadas que conten co maior apoio nesta fase, serán as que se leven a cabo. É decir, seredes ás/ós veciñas/os de Lugo os que decidades o destino do orzamento.

3ª Fase

Para rematar, na fase final queremos coñecer a vosa opinión sobre os Orzamentos Participativos.

Queremos que entre todas/os sentemos unhas bases firmes nas que se sustente este proxecto pretende ser unha primeira experiencia petencente a un novo modelo político que pretendemos instaurar no Concello e cidade de Lugo. Esto é a continuación ambiciosa de experiencias anteriores, pero é o inicio de algo moito máis grande e para iso, necesitamos a vosa participación: necesitamos que sexades vos os que tomedes a palabra e a decisión. Nesta fase, valorarase o traballo realizado por todas/os nestes meses e con iso, construiremos entre todos o proxecto de Orzamentos Participativos do ano 2016.









RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova