Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
Formulario
Escoita esta páxina

XORNADA NOVAS TECNOLOXÍAS

Pode seguir a retransmisión en directo da xornada nas redes sociais a través da contas de Europe Direct Lugo en facebook e twitter: http://www.facebook.com/europedirect.lugo e http://twitter.com/eudirectlugo

 

En Lugo a xornada organizada pola Deputación e o Concello de Lugo terá lugar o 24 de novembro a partir das 10:00 horas no Centro de Innovación Social, situado na rúa Frei Plácido Rei Lemos, 2º andar, s/n, Lugo.

Para inscribirse nesta xornada hai chamar ao teléfono de atención cidadá 010 do Concello de Lugo ou ben ao 982 297 350 para chamadas que se fagan desde fóra do municipio lucense. Tamén se pode realizar a inscrición cubrindo o seguinte formulario:






Imaxen

Pode consultar o programa das xornadas (arquivo PDF 2 MB)

Pode descargar o cartel presentación das xornadas (arquivo PDF 747 KB)

O proxecto PARNET-tic, que conta co apoio financeiro do programa SUDOE (FEDER), é un proxecto no que están a participar a Deputación e o Concello de Lugo, cuxo obxectivo principal é mellorar a prestación de servizos locais e a participación cidadá.

No marco deste proxecto europeo celebrarase, no mes de novembro, unha Xornada de difusión e presentación das aplicacións desenvolvidas por PARNET-tic.

Esta xornada, organizada polos socios do proxecto, ten como finalidade fundamental concienciar sobre a importancia do acceso, sen exclusións, á Sociedade da Información, así como ofrecer información e resolver dúbidas sobre as solucións software e ferramentas TIC a implementar polo proxecto.

Trátase dun evento de carácter internacional e multisede no que, en colaboración cos socios do Proxecto PARNET-tic, se levarán a cabo actividades interconectadas cos demais socios: a Cámara Municipal de Águeda, en Portugal, e as Deputacións de A Coruña, Huesca e Almería.

Estas xornadas permitirán coñecer, da man de expertos nacionais, as vantaxes que ofrece ao cidadán a implantación e uso extensivo das ferramentas de administración electrónica.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova