PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

AXUDAS A EXTERIORES DOS LOCAIS DE NEGOCIO

Esta liña de axudas iniciouse en marzo de 2009. Foron froito das xuntanzas cos representantes das asociacións empresariais dos sectores implicados, así como das visitas que se realizaron aos establecementos hostaleiros da zona de actuación. A partir destes encontros, definíronse as bases que rexeron a primeira convocatoria de axudas a empresas da zona URBAN para a instalación de terrazas, rótulos e mellora de fachadas.

Ata decembro de 2013 este programa de axudas recibiu 227 solicitudes con 169 beneficiarios e 118 axudas pagadas contribuindo en gran medida, grazas aos investimentos realizados polos comerciantes e hostaleiros, a mellorar a imaxe e atractivo das rúas do centro histórico.

Neste apartado, teñen á súa disposición toda a información sobre a convocatoria das axudas para o ano 2014 que se poden solicitar ata o 20 de xuño de 2014.

Máis información:

IMAXES DE ACTUACIONS SUBVENCIONADAS

Praza Maior

Antes da intervención

Despois da intervención

Exemplos de outras terrazas instaladas ou renovadas:

 

 

Autoría das fotografías: Oficina URBAN (imaxe praza Maior antes da intervención)/ Victoria Fdz (demais imaxes)

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana