PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

AXUDAS A NOVAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS NO ÁMBITO CULTURAL

Con data 30 de xuño de 2014 o BOP de Lugo publica unha convocatoria de axudas a empresas da zona URBAN dirixidas ao apoio a novas actividades económicas no ámbito cultural.

Trátase de subvencións á inversión a fondo perdido coas que se pretende apoiar a creación de novas actividades económicas no centro histórico no sector cultural a través da creación de novos Museos ou Coleccións Visitables, tal como veñen definidos no Titulo V da Lei 8/1995 do 30 de outubro, de Patrimonio Cultural da Comunidade Autónoma de Galicia.

Neste apartado, teñen á súa disposición toda a información sobre a convocatoria das axudas para o ano 2014 que se poden solicitar ata o 28 de xullo de 2014.

Máis información:

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana