PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

REURBANIZACIÓN DA PRAZA DO CANTIÑO E PASEO INTERIOR DA MURALLA

A cidade de Lugo posúe un casco histórico rodeado dunha muralla romana que se pode percorrer integramente sobre o seu adarve. Foi declarada patrimonio mundial pola Unesco en 2000, non obstante durante moito tempo a cidade non valorou o suficiente esta riqueza patrimonial, perdurando ata hoxe en día pequenas hortas e patios xunto á muralla que necesitan unha importante mellora ambiental. Aínda que na actual normativa urbanística esas traseiras teñen a condición de fachada principal por dar o adarve, na práctica os edificios sempre deron as costas á muralla.

Coa idea de recuperar a vella aspiración da cidade de conseguir un paseo interior da muralla iniciouse o traballo sobre o tramo entre a praza de Cantiño e o edificio de Noras 28. Neste ámbito hai catro negocios que poden abrir unha comunicación polo lado da muralla, o cal dá lles unha gran visibilidade pois o adarve da muralla é unha vía moi transitada por veciños e turistas. Dáse a circunstancia de que a súa entrada actual se realiza por unha rúa pouco comercial, polo que o impacto para o seu negocio é importante. As actuacións realizadas dende o Proxecto URBAN neste ámbito son:

  • a. A compra do baixo dun edificio en moi mal estado (Praza de Cantiño nº 7) facendo as obras necesarias para acondicionar o baixo como comunicación da praza co paseo interior da muralla.

  • b. A reurbanización da praza de Cantiño mellorando considerablemente o seu aspecto estético e o ámbito para os dous negocios de hostalaría da praza.

  • c. A través do programa de subvencións para o acondicionamento de exteriores de locais de negocio, dous dos catro establecementos cuxas traseiras dan á muralla, acondicionaron a fachada e o patio que dan ao monumento.

  • d. Para completar as intervencións nesta zona, instalouse unha zona de xogos infantís e circuíto biosaludable xunto á galería comercial de Noras 28 á que se accede a través do paso aberto no edificio de Cantiño 7. En todo ou centro histórico había só unha instalación de xogos infantís que a miúdo estaba sobresaturada e non existía ningún circuíto de mantemento, instalación que é fundamentalmente utilizada por persoas de idade avanzada.

Praza do Cantiño e paseo interior antes da intervención

Praza do Cantiño e paseo interior despois da intervención:

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana