PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

EMBALAXES DE PRODUTOS AUTÓCTONOS

Outra actuación dirixida en apoio ao pequeno comercio do centro histórico, é facilitar embalaxes aos comerciantes para a comercialización de produtos autóctonos que ofrecen de xeito gratuíto aos turistas. Organizouse un curso de formación ocupacional de carpintaría no que, un grupo de veciñas e veciños do centro histórico en situación de desemprego, deseñaron as embalaxes coas orientacións dos monitores e dos propios comerciantes.  Con isto axúdase a abrir o mercado do regalo nas vendas de determinados produtos autóctonos que se venden no Mercado, na Praza de Abastos e noutros pequenos establecementos dirixidos a turistas e regalos.

Ata agora, en especial no caso dos queixos, estes produtos só se podían vender para consumo propio ao carecer da axeitada presentación e protección.  En 2011 contratouse unha partida de 1.576 embalaxes que se distribuíu entre os 10 comerciantes adheridos a esta iniciativa, dos que 6 son da Praza de Abastos e Mercado. En 2012 distribuíronse 2.892 embalaxes a 12 comerciantes: 10 postos da Praza e Mercado e outros 2 locais do centro histórico.

LOCAIS ADHERIDOS Á INICIATIVA (DECEMBRO 2012) - arquivo PDF 339.5 kB

 

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana