PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

QUE É O PROXECTO URBAN (INICIATIVA URBANA)?

O Proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) é un programa financiado polo Concello de Lugo e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea, dedicado á posta en marcha de estratexias innovadoras de rexeración económica e social de zonas urbanas mediante un enfoque integrado e que favorezan un desenvolvemento urbano sostible.

O Ministerio de Economía e Facenda aprobou un proxecto URBAN (Iniciativa Urbana) para Lugo o pasado 11 de xuño de 2008, cun cofinanciamento do 80% da Unión Europea cuxa finalidade é o desenvolvemento integrado do centro histórico da cidade no seu ámbito coincidente coa área PEPRI.

CALES SON OS SEUS OBXECTIVOS?

O obxectivo xeral do Proxecto URBAN é a rexeneración económica e social do centro histórico a través dun programa integrado que implique un aproveitamento dos recursos endóxenos da cidade, centrándose na rehabilitación, intervención en espazos públicos e a revitalización comercio-turismo dende unha perspectiva de sostenibilidade e participación cidadá.



Este obxectivo xeral concrétase nos seguintes obxectivos específicos:

  • Revitalización comercial do centro histórico, aproveitando os recursos endóxenos da cidade
  • Revitalización demográfica da zona URBAN
  • Promover a creación de empresas e a xeración de emprego
  • Humanizar a cidade e mellorar a súa habitabilidade
  • Mellorar a oferta cultural e social dirixida especialmente aos mozos
  • Ofrecer maiores posibilidades profesionais aos mozos titulados
  • Favorecer a relación Administración- Universidade- Empresa
  • Favorecer a inclusión social dos colectivos desfavorecidos

GUÍAS TURÍSTICAS DO CENTRO HISTÓRICO

Guía en galego (arquivo PDF 1.2 MB)

Guía en castelán (arquivo PDF 1.2 MB)

Guía en inglés (arquivo PDF 1.2 MB)

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana