PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

ADAPTACIÓN E MELLORA DO MERCADO DE QUIROGA BALLESTEROS E DA PRAZA DE ABASTOS

Estanse a realizar nestes momentos diversas actuacións dirixidas á mellora da comercialización dos produtos autóctonos que se levan a cabo de xeito principal nos dous edificios municipais de mercado tradicional da rúa Quiroga Ballesteros (a praza de Abastos propiamente dita e o Mercado) polo que se previron obras de adaptación modernizando as zonas infrautilizadas adaptándoas a novos usos, fomentando o comercio tradicional e impulsando a captación dun perfil distinto de clientes dos que mantiveron estas dotacións ata a actualidade. Trátase de incorporar criterios ambientais realizando auditorías enerxéticas previas e estudos de residuos para impulsar a recollida selectiva e o correcto tratamento dos mesmos. Todas estas actuacións están encamiñadas a promover as prazas de mercado tradicional como lugar da compra diaria de produtos de calidade e como atractivo turístico.

Esta finalidade xa se está a impulsar a través de varias actuacións incluídas no Proxecto URBAN como:

  • Deseño dunha web para a Praza e Mercado coa posibilidade de realizar comercio electrónico
  • Distribución de embalaxes para mellorar a presentación dos produtos autóctonos máis info
  • Redacción do proxecto de adaptación e mellora das instalacións do Mercado de Quiroga Ballesteros.
    Imaxes do proxecto do Mercado de Quiroga Ballesteros
  • Redacción do proxecto de rehabilitación da Praza de Abastos máis info no Perfil do Contratante
  • Estudo sobre 15 establecementos da Praza e do Mercado para a mellora da calidade alimentaria dos produtos autóctonos comercializados

 

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana