PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

REURBANIZACIÓN DA PRAZA DE PORTA MIÑÁ

A actuación acometida na praza de Porta Miñá dende o Proxecto URBAN realizouse en colaboración coa Xunta. A Xunta redactou o proxecto de intervención para a recuperación da fonte e o seu contorno nun espazo tan singular como o da Porta Miñá da muralla romana. Entre as portas de orixe romana a Porta Miñá ou do Carme é a que mellor conserva a súa estrutura primitiva. Era a entrada da vía XIX procedente de Bracara Augusta e enlazaba co decumanus maximus de Lucus Augusti. A denominación de Miñá alude ó río Miño e a do Carme á próxima capela.

Tras a recuperación da fonte e os seus accesos por parte da Xunta, o Concello,a través desta actuación do proxecto URBAN executou a reurbanización da praza. Pavimentouse a praza ata a muralla, dando un acabado distinto na zona na que se atopa unha das torres do corpo de garda. Igualmente procedeuse á recuperación da cota orixinal no paso da porta da muralla o que requiriu realizar adaptacións nalgúns servizos.

Imaxes da intervención


Estado da praza antes da intervención

Estado da praza despois da intervención

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana