PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

SINALIZACIÓN DO CENTRO HISTÓRICO DE LUGO

A sinalización acometida no centro histórico de Lugo pretende ofrecer información de interese cultural a través de paneis informativos e direccionais (así como a través doutros medios complementarios) dirixidos tanto a turistas coma á poboación local, co fin de dar unha visión de conxunto da riqueza cultural do centro histórico e orientar a visita cara aos principais lugares de interese.

Utilizáronse os seguintes medios:

  • A colocación na vía pública dentro do centro histórico dos seguintes elementos:

    • 7 planímetros que recollen o plano do centro histórico, situados nas portas da Muralla con maior tránsito de persoas e lugares máis turísticos. Conteñen información do lugar no que se sitúan e información xeral dos principais puntos de interese do centro histórico, en español, galego, inglés e braille, e un código QR que enlaza cun vídeo.

    • 18 placas informativas de elementos culturais cun breve texto explicativo en español, galego, inglés e braille, e un código QR que enlaza cun vídeo.

    • 8 placas direccionais que orientan cara ás principais prazas e monumentos do centro histórico.

  • O deseño e edición de 18.000 planos turísticos en tres idiomas (español, galego e inglés) que recollen toda a información da sinalización na rúa xunto con outros datos, que se distribuíron a través de preto de 30 establecementos hoteleiros da cidade que se adheriron a esta iniciativa. Estes planos, que se entregaron case exclusivamente a visitantes da cidade, aproveitáronse para difundir outra iniciativa desenvolvida dentro do proxecto URBAN dirixida a facer promoción da venda de produtos autóctonos a través da Praza de Abastos, o Mercado e outros locais do centro histórico.

    Plano centro histórico de Lugo (galego)

    Plano centro histórico de Lugo (español)

    Plan of the historical center of Lugo (english)

  • A produción de 27 vídeos (cada un editado en español, galego e inglés) subtitulados nos que se ofrece unha explicación máis completa dos elementos culturais a través de actores caracterizados como distintos personaxes públicos da historia da cidade que se presentan cun fondo de decorado da cidade na súa época. Nunha segunda parte do vídeo, grávase o estado actual da cidade no mesmo lugar.

  • A creación de canles nas plataformas Vimeo e Youtube nas que se poden atopar, organizados por idiomas, todos os vídeos. Os vídeos pódense ver igualmente a través dos códigos QR dos paneis da rúa e dos planos.

Os criterios de igualdade de oportunidades tivéronse en conta intentando garantir a accesibilidade a todo tipo de persoas (persoas con diversidade funcional visual, auditiva e intelectual) a través de:

  • Textos en braille nos paneis pensando nas persoas con diversidade funcional visual.

  • Vídeos subtitulados accesibles para as persoas con diversidade funcional auditiva.

  • Textos informativos básicos dos recursos culturais en tres idiomas tanto nos paneis coma nos planos cun máximo de 50 palabras que fan esta información accesible a persoas con diversidade funcional psíquica.

  • En todos os textos se seguiu a norma UNE sobre rotulación accesible que facilita a lectura tanto a persoas con diversidade funcional visual como psíquica.

    Contouse co asesoramento da ONCE para diversos temas de accesibilidade.

Buscando o código QR que se atopa nos sinais informativos e nos planos, ao escanealo, ou acceder ás direccións abaixo indicadas, móstrase un vídeo que te informará do monumento que se está a visitar.

Fotografía dos paneis informativos de turismo con código QR e información en Braille.

 Canle en Youtube www.youtube.com/user/ProxectoURBAN/videos?view=1&flow=grid

Miniatura do canle en Youtube para acceder aos seus vídeos.

 Canle en Vimeo www.vimeo.com/user6622033

Miniatura do canle en Vimeo para acceder aos seus vídeos.

Co obxectivo de mellorar o acceso ás persoas cegas e con minusvalía visual á información cultural, instaláronse placas de braille xunto aos textos de información cultural.

Fotografía dos paneis informativos de turismo con código QR e información en Braille.

SINAIS INSTALADAS

VÍDEO (galego)

VÍDEO (español)

VÍDEO (inglés)

Porta do Bispo Aguirre (planímetro)

http://vimeo.com/26327217

http://vimeo.com/26327033

http://vimeo.com/26327537

Porta Nova e restos visibles na fiestra arqueolóxica (planímetro)

http://vimeo.com/26381424

http://vimeo.com/26616504

http://vimeo.com/26433565

Porta de San Pedro ou toledana (planímetro)

http://vimeo.com/26381577

http://vimeo.com/26328234

http://vimeo.com/26433782

Praza da Constitución: Porta do Bispo Izquierdo, do Campo Castelo ou do Cárcere (planímetro)

http://vimeo.com/26381661

http://vimeo.com/26328475

http://vimeo.com/26433992

Praza da Constitución: Reduto María Cristina e Torre da Mosqueira (planímetro)

http://vimeo.com/26381987

http://vimeo.com/26328834

http://vimeo.com/26434161

Praza de Santa María: Catedral e Museo Diocesano (planímetro)

http://vimeo.com/26382214

http://vimeo.com/26329164

http://vimeo.com/26434285

Praza de Santa María: Pazo Episcopal (planímetro)

http://vimeo.com/26514536

http://vimeo.com/26480417

http://vimeo.com/26434382

Praza da Soidade: Igrexa Conventual de San Francisco e Museo Provincial(planímetro)

http://vimeo.com/26382478

http://vimeo.com/26329394

http://vimeo.com/26434569

Praza de Ferrol: Igrexa de San Froilán e Cuartel de San Fernando (planímetro)

http://vimeo.com/26616608

http://vimeo.com/26616452

http://vimeo.com/26617803

Porta de San Fernando ou do Príncipe Afonso (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26617360

http://vimeo.com/26565775

http://vimeo.com/26618032

Porta do Bispo Odoario ou do Hospital (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26382754

http://vimeo.com/26329769

http://vimeo.com/26434988

Porta de Santiago ou do Postigo (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26382982

http://vimeo.com/26330156

http://vimeo.com/26435236

Porta da Estación (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26383197

http://vimeo.com/26480486

http://vimeo.com/26435519

Porta Falsa (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26383300

http://vimeo.com/26480569

http://vimeo.com/26435762

Praza do Campo e Fonte de San Vicente Ferrer (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26481110

http://vimeo.com/26480647

http://vimeo.com/26514579

Pazo de Orbán (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26617428

http://vimeo.com/26565836

http://vimeo.com/26618126

Xardíns do Museo Provincial e cociña do convento de San Francisco (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26514109

http://vimeo.com/26480716

http://vimeo.com/26514675

Restos do Vello Cárcere Eclesiástico (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26514265

http://vimeo.com/26480766

http://vimeo.com/26514726

Casa do Concello (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26514218

http://vimeo.com/26480839

http://vimeo.com/26565575

Igrexa do Convento de San Domingos (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26514329

http://vimeo.com/26480922

http://vimeo.com/26565605

Igrexa de Santiago, A Nova (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26514410

http://vimeo.com/26481018

http://vimeo.com/26565649

Igrexa e Convento dos RR.PP. Franciscanos (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26617509

http://vimeo.com/26566113

http://vimeo.com/26628139

Pazo dos Rexedores Osorio (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26514474

http://vimeo.com/26514063

http://vimeo.com/26565715

Pazo dos Saavedra de Miraz (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26727494

http://vimeo.com/26726949

http://vimeo.com/26727637

Pazo de San Marcos. Deputación Provincial (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/26617576

http://vimeo.com/26566162

http://vimeo.com/26628383

Piscina Romana (elemento cultural arrimado)

http://vimeo.com/26617686

http://vimeo.com/26566230

http://vimeo.com/26628496

Acueduto Romano (elemento cultural exento)

http://vimeo.com/34327808

http://vimeo.com/34327831

http://vimeo.com/34327793

Planos turísticos

En 2012 editaronse 17000 planos con información cultural e patrimonial do centro histórico que se distribuíron de xeito gratuíto aos establecementos turísticos:

Guía en galego (arquivo PDF 1.2 MB)

Guía en castellano (arquivo PDF 1.2 MB)

Guía en inglés (arquivo PDF 1.2 MB)

Plano específico para persoas cegas ou cun resto visual

Este proxecto complementouse en 2013 coa edición destes planos adaptados a persoas que presentan diversidade funcional visual, no que os principais monumentos aparecen representados en relieve e se relacionan en braille. Reforzase a información con cor para aquelas persoas que teñen un resto visual.

Estes planos facilitaronse aos aloxamentos da cidade, así como á Delegación da ONCE en Lugo (rúa San Roque, 31-33 baixo 27002 Lugo) que conta con exemplares para a súa distribución entre os seus afiliados e outras persoas coas mesmas necesidades. Así mesmo, tamén están dispoñibles na Oficina Municipal de Turismo (praza do Campo, 11 27001 Lugo)

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana