PROXECTO URBAN ( Iniciativa Urbana )

TRATAMENTO DE RESIDUOS

Co fin de impulsar o correcto tratamento de residuos desde o Proxecto URBAN levaronse a cabo varias accións.

En 2011 contratouse a instalación de illas de colectores soterrados nas seguintes rúas: Praza do Ferrol, Rúa Tte. Coronel Teijeiro, Praza da Soidade, Rúa Xoán Montes e Rúa Nóreas.

Na súa instalación tiveronse especialmente en conta todos os aspectos relacionados coa accesibilidade, evitando desniveis entre as plataformas e o pavimento e colocando pictogramas en relieve identificativos de cada tipo de residuo.


Pictograma fracción resto

Pictograma envases

Cartel de obra

Illa colectores de Praza de Ferrol

Co fin de dar a coñecer estas novas instalacións entre os seus potenciais usuarios e facilitar as instruccións precisas para o seu correcto uso, editaronse 4.000 folletos nos que se informa da localización de cada unha das illas, relacionanse os tipos de residuos que se debe introducir en cada colector e explicanse as vantaxas de realizar correctamente esta separación. Estos folletos repartíronse a cada un dos domicilios do centro histórico e a todos os comerciantes, hostaleiros e oficinas.


Folleto uso colectores soterrados


Tras repartir esta información entre todos os interesados, en xullo de 2013 puxose en marcha unha campaña de educación ambiental a través de monitores que, en cada unha das illas, asesorou as persoas que se achegaban a depositar residuos. Ás persoas que o facían correctamente facíaselles un pequeno recoñecemento pegándolles na solapa un adhesivo co lema "Ti si que reciclas ". Ás que necesitaban información ou sensibilización, orientábaselles coa información do folleto e explicábaselles a importancia de non mesturar distintos tipos de residuos que poden entorpecer o proceso de reciclaxe. Nesta campaña atenderonse máis de 600 persoas e serviu para detectar que os particulares realizan a separación en orixe e depositan de xeito correcto nunha porcentaxe moi superior as pemes. Estes datos facilitan unha información moi valiosa para saber como hai que orientar futuras campañas.


Adhesivo co lema da campaña

Concello de Lugo - PROXECTO URBAN - Iniciativa Urbana