galego castelán Image Map

O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN





A cidade de Lugo conta cun Cemiterio municipal emblemático que data do ano 1948 aproximadamente, fiel depositario da memoria histórica da cidade.

Con independencia da súa singularidade e beleza harmoniosa, conta cunha interesante bagaxe de construcións funerarias que foron trasladadas desde o antigo cemiterio municipal da cidade, situado na avenida de Ramón Ferreiro, o cal lle confire o seu valor artístico e histórico.

Actualmente o Cemiterio adquiriu unha grande sona tanto polas actividades que se foron realizando no recinto dentro da programación anual, orientadas á súa consideración como un lugar de repouso, de paz e de reencontro persoal, como pola súa proxeción europea, ao estar integrado na Ruta de Cemiterios Históricos Europeos.






CONCURSO DE CEMITERIOS DE ESPAÑA 2017: O CEMITERIO DE SAN FROILÁN FINALISTA NA CATEGORIA DE MELLOR ACTIVIDADE DE PORTAS ABERTAS

LUGO CONTA CO MELLOR MONUMENTO FUNERARIO DE ESPAÑA.

INFORMACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES REALIZADAS NO PRESENTE ANO 2017"













Inicio - Onde está - Normativa legal - Galería de fotos - Contacto
A súa historia - Visita virtual - Actividades e eventos - Espazo reflexión
Privacidade de datos - Termos legais