O CEMITERIO MUNICIPAL DE SAN FROILÁN

Actividades e eventos

De acordo coas tendencias actuais, o Concello de Lugo intentou nestes últimos anos dar un novo enfoque ao Cemiterio Municipal de San Froilán, de xeito que, paralelamente á prestación do servizo público á cidadanía, se orienta cara a un novo concepto de cemiterio significativo, no cal ten cabida a súa consideración como un lugar de acollemento e de encontro persoal, dando tamén relevancia ao seu valor artístico-cultural e histórico.

As actuacións realizadas nestes anos foron orientadas a estes obxectivos: velaí o “Xardín das lembranzas”, lugar de encontro coa nosa historia individual que nos invita a facer unha homenaxe íntima aos nosos seres queridos ausentes.

Tamén os macizos de flores que salpican todo o recinto ou a mesma fonte instalada recentemente que axuda co son da auga a esa reflexión e recollemento.

Así mesmo, anualmente vénse organizando unha modesta programación de actos e actividades que teñen por obxecto a integración do Cemiterio na cidade e o seu achegamento á cidadanía.

Entre os xa realizados destacan os seguintes:

Inicio - Onde está - Normativa legal - Galería de fotos - Contacto
A súa historia - Visita virtual - Actividades e eventos - Espazo reflexión
Privacidade de datos - Termos legais