Inicio Folla de inscrición para descargar Lugo.es
Concello de Lugo - Concellería de Servizos Xerais

Todo o Concello no teu móbil


O Concello de Lugo, independentemente das súas canles habituais de difusión da información, pon a disposición dos seus cidadáns un novo servizo "TODO O CONCELLO NO TEU MÓBIL". Trátase dun novo sistema de comunicación que permite recibir de forma personalizada, gratuíta, áxil e segura a información que desexen a través do teléfono móbil (mensaxes SMS).

Para acceder a este servizo é preciso inscribirse comunicando a información necesaria para recibir o servizo, para iso é necesario saber:
  • As actividades ou temas sobre os que desexan recibir información
  • Os seus datos persoais
¿Como inscribirse?
  • Descargar e cubrir o formulario que se achega e entregalo no Concello      » descargar formulario
  • Chamando ao teléfono 010
Recibirá información concreta de cada actividade puntualmente.


Os datos subministrados serán obxecto de protección ao abeiro do disposto no artido 10 da Ley 15/1999, do 13 de decembro de protección de datos de carácter personal, e serán empregados exclusivamente para esta única finalidade.
Poderán ser obxecto de acceso para rectificación e cancelación polo interesado segundo o disposto no Título III da referida ley.