Inicio
Circuíto rapaces/zas
Circuíto adultos
Galería fotográfica
Contacta con nós

CALENDARIO DE CARREIRAS

Data Hora Carreira Saída Outros
1ª Carreira
Domingo
20/11/11
12:00 Pistas Atletismo
Gregorio Pérez Rivera
(recollida chips e dorsais de 10:00 a 11:30)
Pistas Atletismo
Gregorio Pérez Rivera
Aparcadoiro
Pazo Universitario
Duchas Pistas Gregorio P.R.
Plano do percorrido da carreira (arquivo PDF)
2ª Carreira
Sábado
14/01/12
19:00 Nocturna de Reis CIRCUÍTO
AVDA. RAMÓN FERREIRO
Detalle do percorrido da carreira (arquivo PDF)
3ª Carreira
Sábado
11/02/12
17:00 Avenida Infanta Elena
Parque Paradai
Novo Tramo
Avenida Infanta Elena
Duchas
Piscina Municipal (FRIGSA)
4ª Carreira
Domingo
04/03/12
12:00 Barrio Montirón/Sanfiz Cruce Virxe da Esperanza
con Rof Codina
Duchas Pistas Gregorio P.R.
5ª Carreira
Domingo
15/04/12
12:00 Centro Comercial
As Termas
Circuíto asfalto-terra
C.C. As Termas Aparcadoiro
C.C. As Termas
Duchas Piscina Frigsa
6ª Carreira
Domingo
20/05/12
12:00 Parque Recinto Feiral Recinto Feiral Aparcadoiro
Estadio Ángel Carro
Duchas Polideportivo Palomar
7ª Carreira
Domingo
17/06/12
12:00 FINAL DE CIRCUITO
COMPLEXO DEPORTIVO FRIGSA
PARQUE DE FRIGSA Duchas Piscina Frigsa

CATEGORÍAS ADULTOS

CATEGORÍA "E"
FEM / MASC: 1991 - 1995
CATEGORÍA "F"
FEM / MASC: 1986 - 1990
CATEGORÍA "G"
FEM / MASC: 1981 - 1985
CATEGORÍA "H"
FEM / MASC: 1976 - 1980
CATEGORÍA "I"
FEM / MASC: 1971 - 1975
CATEGORÍA "J"
FEM / MASC: 1966 - 1970
CATEGORÍA "K"
FEM / MASC: 1961 - 1965
CATEGORÍA "L"
FEM / MASC: 1956 - 1960
CATEGORÍA "M"
FEM / MASC: 1951 - 1955
CATEGORÍA "N"
FEM / MASC: 1950 e anteriores

X CARREIRA POPULAR LUGO MONUMENTAL

» Información adultos

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

» http://www.championchipnorte.com

REGULAMENTO ADULTOS

  • Circuíto adultos formado por 7 carreiras.


  • Poderán participar nestas carreiras as persoas nadas en 1995 e anteriores.


  • INSCRICIÓNS INICIAIS:
  • entre o 4 e o 17 de novembro de 2011.
  • FORMATO DE INSCRICIÓN

    POR INTERNET: www.championchipnorte.com

    Para Atletas Rexistrados en www.championchipnorte.com :

    • Entra na túa conta particular e confirma a túa inscrición para o circuito.
    • Se non tes CHIP PROPIO poderás pagar mediante un método seguro como é a "PASARELA DE PAGO" na propia páxina, e terá un custo de 20 € en concepto de "fianza" podendo recuperar 10 € ó devolvelo na Concellería de Deportes cando finalice o circuíto 2011-2012 entre os días 18 e 29 de Xuño de 2012.

    Para Atletas NON Rexistrados en www.championchipnorte.com :

    • Crea a tua conta de resultados:
    • Se tes Chip de Championchip introduce o código cos teus datos.
    • Se aínda non tes chip cómprao a través da páxina web.

    PERSOALMENTE:

    NA CONCELLERÍA DE DEPORTES (Piscina Municipal de Frigsa)

    PERSOALMENTE NAS OFICINAS DE DIVINA PASTORA EN LUGO

    • En horario de Oficina na súa sede da Rúa da Raiña 18 - 2ºB

    RECOLLIDA DE DORSAIS:

    Na Concellería de Deportes a partires do Luns 14 de Novembro ata o Venres 18 e o dia carreira de 10:00 a 11:30 na carpa de Organización.

    Resto de Carreiras do circuito: na carpa da Organización ata MEDIA HORA antes do comezo da 1a proba do día.

    RECOLLIDA DE CHIPS

    INSCRITOS 1ª CARREIRA: Se non tes CHIP propio doutros anos, deberás de aboar a cantidade de 20 € en concepto de "fianza" e na primeira carreira a que asistas podes recollelo na Carpa de Championchip, podendo recuperar 10 € na Concellería de Deportes cando finalice o circuito 2011-2012 entre os días 18 e 19 de Xuño en horario de oficinas ao devolvelo.

    NOVAS INSCRICIÓNS DE CADA CARREIRA A PARTIR DA 2a CARREIRA:

  • Poderán facerse ata o xoves anterior á carreira a disputar esa fin de semana.
  • Unha vez rematado o prazo inicial de inscrición para o circuito 2011-2012, os/as atletas poderan inscribirse para posteriores carreiras UNICAMENTE via INTERNET na páxina web de www.championchipnorte.com.
  • O/A atleta creará a sua conta de usuario/a, e unha vez completados os seus datos persoais, aboará a cantidade de 20 € en concepto de fianza a través da pasarela de pago disposta para tal efecto, dos que se poderá recuperar 10 € ó devolvelo na Concellería de Deportes no periodo establecido no regulamento Xeral
  • A recollida do dorsal e do chip para disputar a súa carreira poderá facela o día da proba na carpa de Organización ata MEDIA HORA antes do inicio da primeira carreira de rapaces e rapazas.
  • NON SE ADMITEN INSCRICIÓNS O MESMO DÍA DAS PROBAS.
  • CHIP e DORSAL ADULTOS

    USO DO CHIP DE CRONOMETRAXE
  • É obrigatorio levar o chip na zapatilla no transcurso das carreiras para poder entrar nas clasificacións finais de cada carreira coa cronometraxe oficial de CHAMPIONCHIPNORTE.


  • OS CHIPS SON PERSOAIS E INTRANSFERIBLES, POLO QUE A SUPLANTACIÓN DA PERSONALIDADE DOS ATLETAS, SANCIONARASE COA EXPULSIÓN DO CIRCUITO DO PORTADOR E DO QUE FOI SUPLANTADO, ANULANDO TODOS OS DEREITOS ADQUIRIDOS COA INSCRICIÓN, ADEMAIS DE PERDER OS CARTOS DA FIANZA POLA COMPRA DO CHIP.
  • A ORGANIZACIÓN RESERVARASE A POSIBILIDADE DE POSTERIORES SANCIÓNS POR COMPORTAMENTOS DESTE TIPO OU SEMELLANTES QUE POIDAN AFECTAR Ó DESENVOLVEMENTO DO CIRCUITO E DAS SUAS CARREIRAS.


  • No caso da PERDA DO CHIP, o atleta poderá mercar outro ó prezo de 20 €.
  • OBRIGATORIEDADE DO/A CORREDOR/A DE LEVAR O DORSAL

  • O dorsal é ÚNICO para todas as carreiras.


  • O atleta terá a OBRIGA DE LEVAR O DORSAL CLARAMENTE VISIBLE na camiseta de competición no momento da disputa das súas carrerias.


  • No caso de perda ou rotura del, poderá solicitar unha copia ata o xoves anterior á carreira a disputar ou ben se a organización dispón de dorsais en branco poderá solicitalo na mesma carreira.


  • De non ter o dorsal o/a corredor/a poderá ser sancionado/a coa descalificación na devandita proba que non puntuará para a xeral.
  • PUNTUACIÓN XII CIRCUÍTO LARSA CCNOS: XERAL INDIVIDUAL

  • Para puntuar neste circuíto terán que participar en 6 das 7 carreiras que compoñen o circuíto.


  • Se corres 7 probas poderás rexeitar a peor das túas carreiras, e puntuarás cos teus mellores 6 resultados para a xeral individual final.


  • En caso de empate entre atletas para a xeral final.
  • 1. Maior número de probas disputadas (6 ou 7).
    2. Mellor resultado nas carreiras disputadas.
    3. Resultado da Carreira Final (Frigsa).

    PUNTUACIÓN XII CIRCUÍTO LARSA CCNOS: XERAL POR EQUIPOS

    Para poder participar como EQUIPO no Circuito Larsa CCNOS:
  • Para poder puntuar en cada carreira deberán de facelo cun mínimo de 2 mulleres e 4 homes.


  • O equipo deberá de puntuar nas 7 carreiras do circuito.


  • No transcurso da tempada non será posible cambiar de equipo.


  • Non se poderá inscribir a novos/as atletas nas derradeiras 4 carreiras.


  • As corredoras e os corredores na inscrición deberán de reflexar o mesmo nome do seu equipo para que se faga efectivo na clasificación (TODOS CON MESMO NOME E SIGLAS)


  • As atletas femininas puntuan por postos dentro da xeral feminina e os atletas masculinos o mesmo na xeral masculina.


  • O equipo Gañador do Circuíto terá como premio o desprazamento gratuíto nun autobús a unha proba atlética calquera que sexa, dentro da comunidade autónoma galega antes do 31 de Decembro de 2012



    CLASIFICACIÓN FINAL POR EQUIPOS
  • Os tres primeiros equipos clasificados terá un trofeo especial que se lles entregará na cerimonia oficial de entrega de trofeos na derradeira carreira.
  • TROFEOS POR CATEGORÍAS CIRCUÍTO LARSA CCNOS 2011-2012

    Clasificación individual e premios finais do circuíto por categorías:
    1. Este circuíto será puntuable en cada carreira en función da clasificación por categorías.

    2. Para entrar na clasificación final deberá de participar polo menos en 6 das 7 carreiras das que compoñen o circuíto para poder optar aos premios finais para as/os tres primeiras/os de cada categoría.

    3. En cada carreira xa polo feito de rematala xa se acumulan puntos para a clasificación final xeral e de cada categoría.

    4. A puntuación conseguida en cada carreira irá en función do posto alcanzado:
    1º=1 pto. / 2º=2 ptos. / 3º=3 ptos./..../150º=150 ptos./ 250º=250 ptos. de xeito que as/os que queden primeiras e primeiros clasificados serán os que menos puntuación teñan e acumulen ao longo das carreiras na súa categoría correspondente.
    5. Se a/o atleta fai as 7 carreiras do circuíto, poderá rexeitar o seu peor resultado para poder escoller as 6 mellores para a súa clasificación final. Ata a finalización da derradeira carreira teranse en conta todas as puntuacións, sendo despois da finalización desta última cando automaticamente se eliminará o peor resultado e sairá automaticamente a clasificación real final.

    6. Canto menor número de puntos teña a/o atleta, mellor clasificación terá na súa categoría.

    7. Ao rematar a última proba do circuíto (Frigsa) faránselles entrega dos trofeos ás/aos 3 PRIMEIRAS/OS CLASIFICADAS/OS de cada categoría, así como ÁS/ÓS TRES PRIMEIRAS/OS CLASIFICADAS/OS ABSOLUTAS/OS da xeral do Corre con Nós 2011 - 2012.

    RESULTADOS DE CADA CARREIRA DO CIRCUÍTO

  • Aparecerán o mesmo día da proba na páxina www.championchipnorte.com, e a partir do luns tamén na páxina web oficial do CCNOS xunto coas clasificacións totais individuais e por equipos do circuíto.
  • Todas as semanas despois das carreiras, a clasificación individual impresa no suplemento do diario El Progreso
  • Premios á participación no circuíto

  • SORTEO FINAL DE 100 VALES DE 40 € EN MATERIAL DEPORTIVO ENTRE OS/AS ADULTOS/AS QUE REMATARAN 6 CARREIRAS NO CIRCUÍTO QUE SERÁ PUBLICADO NA PÁXINA WEB DO CIRCUITO
  • Na derradeira carreira do circuito (17 de xuño de 2012) todas e todos os participantes que a finalicen obterán un vale por unha CAMISETA OFICIAL DO CIRCUITO para trocar no CENTRO COMERCIAL AS TERMAS
  • Outros Agasallos:
  • O longo do circuito os nosos patrocinadores sortearán entre todos/as os/as participantes adultos chegados á meta, diversos agasallos que serán anunciados coincidindo coa publicación dos resultados, nas páxinas de clasificacións do suplemento En Juego do diario local El Progreso.


  • COINCIDINDO COA FINALIZACIÓN DO CIRCUÍTO TODAS/OS AQUELAS/ES CORREDORAS/ES QUE FINALICEN POLO MENOS 6 CARREIRAS, OBTERÁN UN DIPLOMA CONMEMORATIVO DA PARTICIPACIÓN NESTA 12ª EDICIÓN DO CIRCUITO LARSA CORRE CON NÓS 2011 - 2012 A RECOLLER NAS OFICINAS DO NOSO COLABORADOR MACROCOPIA.

  • OS ORGANIZADORES E COLABORADORES DAS PROBAS NON SE FARÁN RESPONSABLES DOS DANOS MORAIS, MATERIAIS OU PERSOAIS QUE A SI MESMOS E A OUTRAS PERSOAS OCASIONEN OS PARTICIPANTES DAS CARREIRAS.
  • DADO O CARÁCTER ESTRITAMENTE DEPORTIVO E POPULAR DESTAS PROBAS, NON SE ADMITIRÁN RECLAMACIÓNS SOBRE DOS RESULTADOS DAS CARREIRAS. A PARTICIPACIÓN LEVA IMPLÍCITA A ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO DO CIRCUÍTO CORRE CON NÓS.

  • A PARTIR DA SEGUNDA CARREIRA PODERÁN INSCRIBIRSE TODOS OS NOVOS ATLETAS QUE QUEIRAN SEGUNDO AS CONDICIÓNS ANTERIORMENTE EXPOSTAS NO REGULAMENTO, E SEMPRE E CANDO HAXA DISPOÑIBILIDADE DE DORSAIS E CHIPS.

  • OS RESULTADOS DAS CARREIRAS APARECERÁN PUBLICADOS NO DIARIO EL PROGRESO DESPOIS DE CADA CARREIRA ASÍ COMO NA PÁXINA WEB DO CORRE CON NÓS ALOXADA NA PÁXINA DA CONCELLERÍA DE DEPORTES.
  • inicio circuíto rapaces/zas circuíto adultos galería fotográfica contacta con nós