Inicio normas funcionamento Prezos INSCRICIÓN ESTACIÓNS


Rebicíclate?

É un novo servizo posto en marcha polo Concello de Lugo.

Queremos potenciar o uso da bicicleta como un transporte alternativo. Para iso precisamos da túa axuda, precisamos que te recicles, que te rebicicles, para iso é necesario que a sociedade se conciencie, que cambies o chip e comeces a ver a bicicleta como un medio de transporte.

Esta acción está incluída dentro do Convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia e o Concello de Lugo para promover e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano en Lugo.

Podo formar parte de Rebicíclate?

Por suposto, só tes que saber montar en bici e ser maior de idade ou acudir acompañado dun maior á Oficina Municipal de Turismo, situada no Centro de Interpretación da Muralla, na Praza do Campo, 11.

Rebicíclate está dirixido a toda a cidadanía, tí tamén debes coñecer as vantaxes que ten percorrer a cidade de Lugo en bicicleta.