Inicio normas funcionamento Prezos INSCRICIÓN ESTACIÓNS


Que teño que ter en conta ó usar Rebicíclate?

1) Tes que empregar a túa tarxeta de acceso
2) Debes cumprir en todo mometo coas normas de circulación.
3) Debes asegurarte de que deixas a bicicleta segura na súa base cando te vaias.
4) Recorda que debes respectar o horario de rebicíclate para recoller e depositar as bicicletas.


Como funciona Rebicíclate?

1- Daste de alta no servizo, cubrindo a solicitude que atoparás na web municipal ou na oficina Minicipal de Turismo, onde a terás que entregar xunto cunha fotocopia do teu DNI. 2- Alí facilítanche unha tarxeta persoal, coa que te identificarás en cada base aparcadoiro de bicicletas. 3- Nas bases aparcadoiro, poderás retirar calquera das bicicletas dispoñibles, e utilizalas segundo as normas que figuran na solicitude. Para retirar a bicicleta, bastará con acercar a tarxeta ó sensor, e liberar o frontal da bicicleta cun leve tirón cara atrás. 4- Para devolver a bicicleta, tan só necesitas acercar o manillar a calquera dos puntos libres da base de préstamo elexida.

Podes coller a bicicleta nunha base e depositala noutra, desprazarte pola cidade sen necesidade de usar o coche. As bases están distribuidas por todo Lugo e preto de paradas de bus que che permiten combinar os teus traxectos. Entre todos temos que facer de Lugo unha cidade para vivir.

CASOS DE INHABILITACIÓN:

- Ó usuario que se exceda do tempo de utilización, o sistema Rebicíclate imponlle unha inhabilitación segundo estes criterios:
    - Retraso na entrega da bicicleta.

No caso de retraso na entrega da bicicleta, a Tarxeta de acceso ó SERVIZO "Préstamo de bicicletas" será desactivada e o Usuario deberá informar ó Excmo. Concello de Lugo para que a mesma sea reactivada posteriormente. En todo caso, si o retraso na entrega da bicicleta non excede de 24 horas a sanción será de tres (3) días naturais de inhabilitación da Tarxeta Cidadá  para a utilización do SERVIZO "Préstamo de bicicletas"; si o retraso excede de 24 horas, a sanción será de dez (10) días naturais de inhabilitación da Tarxeta e no caso de reincidencia se inhabilitará con carácter indefinido.



COMO ACTUAR EN CASO DE ROUBO OU FURTO DA BICICLETA:

- Presentar copia da denuncia realizada á Policía.
- Contactar co centro de control no teléfono habilitado.
- En caso de non presentar a denuncia, o usuario terá a baixa indefinida no sistema de préstamo de bicicletas, e o usuario abonará o prezo de 300 euros pola bicicleta.