Cargando ...
Concello de Lugo
30/07/14
EXCELENTES OPORTUNIDADES
Escoita esta páxina

EXCELENTES OPORTUNIDADES


Todo un campo de posibilidades, contando coa tradición, mais atentos ás innovacións e sen renunciar ao futuro
 
Como Capital Agroalimentaria no noroeste peninsular, en Lugo ofrecemos unha boa oportunidade para aquelas empresas que queren complementar ciclos produtivos no sector primario (produtos ecolóxicos, lácteos ou cárnicos, agrícolas, transformación da madeira, etc.)
 
Boa proba diso é a aposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en colaboración co Concello de Lugo, para pór en marcha na nosa cidade o Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL). Cunha financiación de 18 millóns de euros para os exercicios 2007 a 2009, esta Fundación, integrada por distintas Administracións, Empresas e Asociacións, ten como principal obxectivo o de promover, impulsar e apoiar o desenvolvemento tecnolóxico do sector agroalimentario e a mellora do coñecemento científico e técnico en materia agroalimentaria. Constituíndo, polo tanto, un claro exemplo das perspectivas e sinerxias que esta cidade é capaz de producir.
 
Ao falarmos de participación e cooperación entre o Concello de Lugo e as forzas vivas da cidade, voltamos a aludir o Plan Estratéxico de Desenvolvemento Socieconómico de Lugo, que representa o marco de referencia en que se poden inscribir as iniciativas e grandes liñas de actuación do Goberno Local en materia de axuda e colaboración cos emprendedores e empresas.
 
Outras actividades que contan con boas posibilidades en Lugo son aquelas relacionadas co comercio, como así o demostra que sexa a cidade na que máis centros deste tipo se teñan aberto ultimamente ou, como mantén o Atlas Socioeconómico de Galicia Caixanova, que os lucenses dispoñamos de máis superficie por habitante.
 
Tamén convén recordar outros sectores con longa tradición na nosa cidade, como o relacionado co ciclo produtivo da madeira, que ten unha clara sintonía coa cercana Ruta do Moble. De feito, a Feira Exposición deste sector que se leva a cabo en Lugo desperta cada vez máis interese e vai camiño de consolidarse como referente do mesmo.
 
Como non podía ser doutro xeito, pechamos este apartado das posibilidades que ofrece Lugo facendo referencia ao seu acumulado potencial para o turismo e para o sector da hostalería en xeral. Desde o seu atractivo histórico monumental, pasando polas súas afamadas festas (presididas polo San Froilán, máis que cada día contan con outras atraccións, como Arde Lucus ou as visitas Teatralizadas), ou o chamado Turismo de saúde (Balneario, Cinturón Verde, Terras do Miño, etc.), ou o das actuacións e/ou concertos, ata que o recoñecido prestixio gastronómico; a nosa cidade conta cun potencial para este sector e afíns difícil de igualar canto ao crecemento e oportunidades.
 
Índice Participación

 

LIGAZÓNS:
Plan Estratéxico de Lugo
Cámara de Comercio de Lugo
Federación Galega de Comercio
Atlas Socioeconómico de Galicia Caixanova
Asociación Nacional de Creadores de Gando Vacún Selecto de Raza Roxiza Galega
Asociación de Creadores de Gando Porcino Celta (ASOPORCEL)
Feira Internacional do Moble de Lugo (FIMOBLE)
Turismo, Gastronomía, Actividades de Lugo, etc.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova