QUEN SOMOS?

EVISLUSA é unha empresa municipal para desenvolvemento de solo e vivenda. Foi constituída en escritura pública o 18 de novembro de 2003 e comezou a súa andadura en febreiro do 2004. É unha aposta decidida por unha acción pública municipal.

QUE FACEMOS?

OBXECTO: Actividades urbanísticas de interese social:

  • Preparación de solo residencial, terciario, industrial e de equipamento.
  • Remodelación ou reforma de zonas urbanas.
  • Redacción de documentos de planeamento e xestión urbanística.
  • Promoción, construcción e rehabilitación de toda clase de bens inmobles.
  • Xestión e explotación de obras e servicios resultantes da urbanización.
  • Investigación, información, asesoramento e colaboración en estudios e actividades relacionados coa poboación e o urbanismo.

EVISLUSA nace da necesidade que ten o Concello de Lugo, no uso das súas atribucións de intervir no mercado de solo coa intención de regulamentar o seu prezo e evitar especulacións que poidan impedir a calquera cidadán ter acceso a unha vivenda digna.

EVISLUSA é unha empresa pública con capital totalmente municipal que pensa aportar maior axilidade ó desenvolvemento das actuacións municipais en materia de vivenda e solo. Ó amparo da súa forma de sociedade anónima pode evita-la complexidade existente na esfera da Administración Pública.

EVISLUSA é unha empresa pública, con responsabilidade xurídica, é un elemento co que o Concello pretende intervir nun mercado con pouco control público e de difícil acceso para moitos cidadáns.


Quiroga Ballesteros s/n baixo
Teléfono: 982 297 490 - Fax 982 297 491