Axudas do Igape á internacionalización de empresas
Resolución do 24 de febreiro de 2012 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas do Igape á internacionalización das empresas galegas, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2012, en réxime de concorrencia non competitiva.