As empresas e institucións con domicilio en Lugo ou que celebren eventos na cidade poden utilizar este espazo para promocionarse gratuitamente.
A Concellería de Emprego pon a disposición das empresas ou entidades que o desexen, un medio no que dar difusión e promocionar as actividades ou eventos que organicen ou nos que participen.
Deste xeito o Concello amplía a todas as empresas da cidade un servizo que ata agora se viña prestando exclusivamente ás empresas instaladas no CEI-Nodus.
Para participar as empresas interesadas deben encher o formulario que atopará á dereita desta páxina no apartado Descargas e enlaces.