A Concellería de Educación, Formación e Orientación Laboral, informa que o venres 22 de maio remata un dos dous cursos de técnico en transporte sanitario e un curso de enquisador que forman parte da última fase do programa Lugo Emprego Activo 2, un plan integral a favor do emprego dos colectivos con maiores dificultades para acceder ao mercado laboral.
O Alcalde, José López Orozco, e a Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñoz, deron a benvida esta mañá ós participantes nunha Xornada sobre emprego que reúnen en Lugo a técnicos de cinco proxectos de inserción laboral cofinanciados pola Unión Europea.
Concelleira de Educación, Formación e Orientación Laboral, Esther Muñóz, informou esta mañá da programación de actividades previstas para conmemorar, un ano máis, o Dia de Europa, que se celebra o 9 de maio nos países membros.
O Diario Oficial da Unión Europea publicou o 23 de abril convocatoria de oposición xeral para cubrir 30 prazas de Subalternos parlamentarios. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 27 de maio de 2015.
Inicio de accións formativas do proxecto de inserción sociolaboral.
Nestes días dan comezo as novas accións formativas pertencentes á terceira edición do proxecto integral de inserción sociolaboral Lugo Emprego Activo 2 cofinanciado polo Fondo Social Europeo:
Foron publicadas as listas de persoas admitidas, reservas e desestimadas para participar nas novas accións formativas pertencentes á 3ª edición do proxecto de inserción sociolaboral cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Lugo Emprego Activo 2.
Foron publicadas as listas de persoas admitidas, reservas e desestimadas para participar na acción formativa, Atención sociosanitaria a persoas no domicilio pertencente á 3ª edición do proxecto de inserción sociolaboral cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Lugo Emprego Activo 2.