Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Semana Santa de Lugo consolídase ano tras ano como destino turístico


# Xoves, 18/03/2010
Así o indicou a Concelleira de Cultura e Turismo na presentación da programación desta festividade

Imaxe Asociada

A Concelleira de Cultura, Concepción Burgo, acompañada polo presidente da Xunta de Confrarías de Lugo, Ramón Basanta, e o Vicepresidente Angel Díaz, presentaron o programa da Semana Santa lucense do 2010. Neste acto de presentación estivo tamén o autor do cartel anunciador, Eduardo Ochoa.

A Concelleira subliñou “o importante traballo que están a realizar as diferentes Confrarías da cidade e que deron un gran pulo á Semana Santa de Lugo”. Burgo lembrou que se trata dun recurso turístico de primeira importancia para a cidade, xa que ano tras ano vaise incrementando o número de visitantes.

O Concello e a Xunta de Confrarías elaboraron unha guía bilingüe das procesións e un pequeno folleto co resumo dos actos relixiosos e culturais máis relevantes.

O pregón do mércores, 24 de marzo, a cargo do Bispo de Lugo, Alfonso Carrasco Rouco, será a apertura oficial desta semana. O Círculo das Artes será o escenario deste acto, que terá lugar a partir das 20:30 horas. O grupo Schola Gregoriana Lucensis poñerá a banda sonora a este acto.

A Semana Santa de Lugo conta con elementos particulares como o Viacrucis pola Muralla, que este ano contará cun novo paso de Cristo crucificado levado por trinta mulleres.

Outra dos elementos característicos é a procesión da Virxe dos Dolores. Recuperado hai dous anos, este paso deixara de saír no 1967 por decisión da igrexa e que está considerada unha das máis antigas cun pasado máis aló do século XVII.

Segundo explicou Basanta, é moi importante tamén a afluencia de persoas á procesión da Última Cea, que ten lugar o Xoves Santo, e que é única na Cristiandade por ser Lugo a Cidade do Sacramento. Tamén a do Santo Enterro, pola súa singularidade e a do Domingo de Resurrección, protagonizada pola Virxe do Rosario, patroa do Concello.

Como en anteriores anos, estarán en Lugo a Marina, o Exército de Terra, a Policía Autonómica e a Policía Nacional.

Segundo informou o Presidente da Xunta de Confrarías, este evento supón a participación de entre 2.000 e 2.500 confrades.

Programa Semana Santa 2010




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova