Imprimir

CARMEN BASADRE PRESENTOU O ARDE LUCUS NA CIDADE DE ASTORGA


18/6/2012 A Concelleira animou aos veciños de Astorga a pasar este próximo fin de semana para que vivan a celebración que revive o pasado romano de Lugo 

Destacou que todas as persoas que queiran viaxar entre o 20 e o 26 de xuño á Lugo nos autobuses ALSA terán un desconto do 25% nos billetes

Os dias da festa poranse a venda vasos de cerámica, alfinetes para o cabelo e fíbulas elaborados especialmente para o Arde Lucus

Dende finais de maio lévanse facendo actividades enmarcadas no Lvcvs Cvltural que informan sobre a cultura e forma de vida dos romanos e castrexos

A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, presentou, acompañada polo Tenente de Alcalde do Concello de Astorga, Juan José Simón, o Concelleiro de Festas, César Núñez, e o Presidente da Asociación de Astures e Romanos de Astorga, Rubén Martínez, a festa do Arde Lucus. O obxectivo deste acto era achegar dalgunha maneira esta celebración aos astorganos, organizadores dunha festa de evocación romana, e animalos para que os días 22, 23 e 24 de xuño se acheguen a desfrutar cos veciños de Lugo. No acto tamén houbo representación das lexións romanas formada por membros da Cohors III Lucensium.g

Neste acto, Carmen Basadre anunciou a participación da Asociación de Astures e Romanos de Astorga en dúas das actividades que se van levar a cabo durante o Arde Lucus, na presentación das Tropas e no posterior desfile que terá lugar o sábado pola tarde, e en diferentes batallas que se levarán a cabo entre o sábado e domingo. Neste sentido, agradeceu a Rubén Martínez, a súa colaboración en edicións anteriores e destacou a importancia de que “as recreacións históricas dunhas cidades se nutran dos coñecementos doutras, de maneira que esa colaboración fomente a participación e a publicidade das actividades”.

Pola súa parte, Rubén Martínez, incidiu que “é moi gratificante colaborar nunha festa que en tan pouco tempo conseguiu un número importante de asistencia e con arraigo social”.

A Concelleira engadiu que “este ano hai máis de 150 actividades, delas máis de 40 son novas con respecto ás edicións anteriores aínda que se seguen mantendo as clásicas. Como en anos anteriores haberá o Macellum, onde se poderán mercar produtos típicos, espectáculos de teatro pola rúa, as vodas e bautizos polo rito celta e romano, desfiles de tropas, as bacanais ou as loitas entre romanos e castrexos. Dentro das novidades, destacan o espectáculo de Heroes e Deuses; a constitución do senado romano, formado por veciños da cidade que levarán a cabo diferentes actuacións; unhas olimpíadas romanas protagonizadas por 7 clubs deportivos da cidade entre as que haberá loitas grecorromanas ou esgrima clásica; ou o asado dun porco celta recheo e produtos autóctonos, entre outras actuacións.

Unha das principais novidades é que a Castra de Lucus Augusti será, por primeira vez, nun espazo situado no Carril dos Fornos, moito máis amplo que o anterior. Nel montarán os campamentos as asociacións de Caetra Lucensium, Civitas Lucensis, Lugdunum, Terra Copora e Tir Na N'Og, e Lvcvs Eqvites que ademais se farán cargo da Expugnatio, do venres á tarde. A Cohors III Lucensium asentarase na Praza Maior que realizará varios desfiles ao longo do fin de semana. Finalmente, o campamento Trebas Galaicas estará situado no cantiño de Nemesio Cobreros.

Tamén é o caso do Miúdo Arde, que cambia a súa situación á Praza San Marcos, na que desenvolverá o seu apertado programa e que se presentará como novidade Un viaxe en colo para nenos de 0 a 3 anos.

Carmen Basadre indicou que a cidade está xa a preparar os motores da festa e explicou que a festa cada ano conta cun maior número de visitantes, chegando o ano pasado a reunir a máis de 400.000 persoas.

O centro histórico da cidade énchese de actividades que recrean os inicios de Lucus Augusti e das que gocen lucenses e visitantes de todas as idades. As rúas engalanaranse para transportar a todos os participantes aos tempos da Antiga Roma, cada praza terá actividades para todas as idades, para que todos gocen da festa e que o casco histórico convértase nunha cidade máxica que faga viaxar no tempo

Trátase dunha festa para todos na que, ademais de ter unha participación masiva, o programa desenvolvese sen incidencias, polo esforzo que realizan os técnicos da Concellería de Xuventude e polos demais servizos implicados na festa: Protección Civil, os servizos de limpeza, os servizos eléctricos, Policía Local e Bombeiros.

Web de Arde Lucus: www.ardelucus.com

Descontos do 25% en Grupo ALSA
Este ano haberá máis facilidades para viaxar á cidade de Lugo durante as festas do Arde Lucus. Así, o confirmou o Concello de Lugo e o Grupo ALSA que chegaron a un acordo para facer un desconto do 25% a todas as persoas que queiran achegarse a desfrutar a festa, que se celebra os días 22, 23 e 24 de xuño. Ademais, o compromiso base é facer unha promoción da festa por toda España a través dos recorridos que o Grupo ALSA realiza. Desta maneira, todas aquelas persoas que vaian a viaxar á cidade entre o 20 e o 26 de xuño poden mercar os billetes ao que se lles aplicara un 25% de desconto. A idea é que persoas de todo España se acheguen proporcionándolles unha rebaixa no viaxe para que nesta época de dificultades teñan máis posibilidades.

Merchandising oficial
Este ano o Concello de Lugo venderá, por primeira vez, produtos oficiais para o Arde Lucus 2012. Trátase dun vaso de cerámica, un alfinete de bronce para o cabelo e unha fíbula que terán un prezo de entre 3 a 20 euros respectivamente.

Os vasos de cerámica, tamén se poderán adquirir nos locais de hostalería, están elaborados polo artesán José Manuel Fernández, en terra sigillata, o máis parecido á cerámica romana de bastante calidade e de características especiais. Outro dos produtos é un alfinete para o pelo, unha das xoias máis empregadas polas mulleres romanas. Trátase dunha réplica similar ao acus crinalis que se atopa no Museo Arqueolóxico de Ourense e está elaborada polo artesán lucense José Manuel Castro Neira. É un adorno persoal elaborado en bronce e coa cabeza balaustrada. O valor deste produto para a venda é de 10 euros.

Finalmente, tamén se vai poñer á venda fíbulas, de tipo anular en omega e elaboradas polo artesán Castro Neira, moi semellantes ás que se poden ver no Museo do Castro de Viladonga. Este adobío serve para suxeitar as capas, vestidos ou de adorno en algúns cintos. O prezo de venda será de 20 euros. Todas aquelas persoas que queiran mercar estes produtos poden facelo na zapatería Rochas e na tenda de produtos musicais Luzson, ou no posto que o Concello montará os días da festa na Praza Maior.

Lucus Cultural
Como cada ano, dende finais de maio e ata o comezo da festa, leváronse a cabo diferentes actividades culturais, o Lvcus Cultural. Estas actividades desenvolveranse dende o sábado día 26 de maio ata o xoves 21 de xuño.

Esta serie de actos culturais, englobados baixo o nome “Lvcvs Cvltvral”, divídense en tres grandes bloques: ciclo de conferencias, visitas Lucus Cultural e, por primeira vez no Arde Lucus, xornadas temáticas nos diferentes barrios da cidade.

Desta maneira, o ciclo de conferencias organizadas polo Concello e pola asociación Cohors III Lucensium, comezaron o 31 de maio ás 20 horas, na que Xulio Carballo falou sobre Os castros galegos no territorio. A seguinte sesión foi o día 7 de xuño ás 20 horas impartida por Pepa Rey sobre Vida cotiá dos castrexos. Tamén anunciou que se a conferencia do día 14 de xuño a cargo de Isabel Rodá sobre Ludi Romani. Pecharán este ciclo, Pedro López Barja de Quiroga coa conferencia O círculo de poder: escravos na antiga Roma o día 20 de xuño e, Jean Pierre Adams, ofrecerá unha disertación sobre Aurelio, desde las murallas de la paz hasta las murallas del temor o día 21 de xuño ás 20 horas. O lugar de celebración destas actividades será no Salón de Actos da Deputación de Lugo.


Ars Magirica - Xornadas Gastronómicas
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude, Carmen Basadre, tamén presentou o programa do Ars Magirica. Trátase dunhas xornadas gastronómicas que complementan ao resto de actividades pero dende un punto de vista culinario, de maneira que os cidadáns poidan coñecer as costumes gastronómicas da época. Nela participan 46 establecementos hostaleiros que entre os días 8 e 22 de xuño ofrecerán tapas e menús degustación de época romana e castrexa e con produtos que se empregaban nesa época. Isto irá acompañado da torta do Arde Lucus, elaborada con améndoas e noz, e que estará a venda nas pastelerías da cidade e que, ademais, ofrecerán outras sobremesas características. Tamén as panaderías quixeron participan na festa e nalgunhas delas poderase adquirir distintas variedade de pan romano.

Os restaurantes que ofrecen menú e tapas son o Restaurante Anda, Ave César, Café bar Catro Rúas, Mesón Capricho, Mesón Pulpería Santiso, O Mercado, Restaurante Los Roper´s, O Cincuenta e Seis, Os Cachivaches, Parrilla Novalucense, Vinoteca Kique, Paprica, Restaurante Porta Santiago, Restaurante Savoy, Taberna de Marcos e Parrillada Xabarín. Por outro lado, os locais que van ofrecer menú de degustación serán o Currucho A nosa terra, Restaurante A Rotonda, Restaurante Antas, Restaurante Campos, La Barra, Manuel, Manuel, Mesón de Alberto, Tosar, Verruga e Taberna de Daniel. Sen embargo, os locais que só ofrecen tapas serán American Bar, Café Bar El Cubano, Café Bar Groliños, Café Bar Rey, Café Bar Saxo, Café Egomundi, Cafetería Can-Cún, Cafetería Vía Láctea, Cafetería Xoldra, Camiño Real Cervecería, Cervecería Abadía, Cervecería Bríos, Cervecería Lagar, Mesón O Cunqueiro, Cafetería Illán, Restaurante Koki García, Parrillada Antonio, Roma Cervecería, Taberna As Cepas e Taberna Maside.

As pastelerías que participan na venda da tarta oficial serán Confitería Madarro, Confitería Mimos, Confitería Ramón, Confitería Santos, Pastelería Martín e Pastelería Yomar. Por outro lado, a venda de pan romano poderase facer nas panaderías Casa Raposo, Darío, El Abuelo, Fraga, Illán e Ousá.

Máis información: