Actualidade

Venres, 26 de abril de 2024
Rubén Arroxo e Alexandre Penas asisten á xuntanza de xubilados de telefónica que se celebra en Lugo

A xuntanza contou con medio millar de traballadores de Telefónica de todo o estado

Arroxo animou a visitar a exposición do centenario de Telefónica que se pode ver no Vello Cárcere e inclúe fotografías retrospectivas de Lugo, aparellos telefónicos e mostras da evolución dos sistemas

Venres, 26 de abril de 2024
Os traballos de Adif na estación ferroviaria afectarán temporalmente a un tramo da rúa Río Mosa e a unha parcela de Montero Ríos

Estes traballos implicarán a ocupación dalgunhas prazas de aparcamento existentes, ao redor dunhas 20, o que supón algo menos do 40% das existentes nesa parcela.

Ademais será necesario cortar un tramo duns 30 metros da rúa Río Mosa que discorre pegado á vía, ainda que os accesos as fincas desta zona queda garantido desde Camiño da Chanca, Montero Ríos e San Eufrasio.

En previsión da diminución temporal de aparcadoiro na contorna da estación ferroviaria por mor do proxecto de edificación da nova intermodal, o Goberno local habilitará novos estacionamientos na zona.

Venres, 26 de abril de 2024
Así resume Paula Alvarellos os seus primeiros 100 días de goberno: “Escoitar, traballar e mellorar”

A rexedora fixo un balance moi postivo “porque mesmo os aspectos negativos resultan ser un aprendizaxe proveitoso”.

Alvarellos Fondo agradeceu ao funcionariado a súa implicación e destacou “a súa vontade propositiva para converter as dificultades que xorden na xestión diaria en solucións en beneficio de toda a cidadanía”.

Desde a súa chegada á Alcaldía puxéronse a dispor do ADIF os terreos para comezar a obra da Intermodal, iniciose a cesión de terreos para a nova comisaria da Policía Nacional, regularizouse a situación das terrazas e avnzouse no modelo de xestión do auditorio.

Ademias, neste primeiro trimestre de ano se resolveron máis de 400 licenzas e títulos habilitantes que promoveron un volume de negocio estimado na cidade de 22 millóns de euros.

Xoves, 25 de abril de 2024
O Concello denuncia a vandalización de sete árbores no Parque Rosalía e a rúa Bispo Aguirre e pide respecto aos espazos públicos

O edil de Transición Ecolóxica condenou estes actos sucedidos na madrugada e pediu civismo á veciñanza e colaboración “para detectar e evitar actos vandálicos”.

O servizo de Medio Ambiente levará a cabo traballos para tentar salvar os examplares do parque Rosalía e nos vindeiros días repoñerá a árbore danada en Bispo Aguirre.

Xoves, 25 de abril de 2024
O Concello de Lugo recibe o galardón Pajaritas Azules pola súa excelencia na reciclaxe

Estes galardóns concédense a partir da avaliación anual de 21 indicadores que analizan todos os aspectos que incumben á recollida do colector azul, campañas de información e concienciación cidadá, regulación e planificación da xestión.

“É moi gratificante ver como todo o traballo implemetado polo Goberno local ao longo dos últimos anos nesta materia acada un recoñecemento desta magnitude”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica, Miguel Fernández, quen recolleu o premio en Madrid.

A nivel nacional, 47 entidades locais e agrupacións de municipios de 15 comunidades autónomas foron recoñecidas polas súas prácticas na xestión da recollida selectiva.

Mércores, 24 de abril de 2024

O obxectivo desta medida é compatibilizar esta actividade e o dereito ao lecer co lexítimo e necesario descanso das persoas residentes, especialmente naquelas zonas que rexistran unha maior concentración de locais.

Os hostaleiros poderán prolongar a apertura en Arde Lucus, durante o Caudal Fest, San Froilán e a Hispanidade, a madrugada de Todos os Santos e nas xornadas do Nadal.