Cargando ...
Lugo council website
30/07/14
WATER SUPPLY
Listen to this page

TREATMENT AND SUPPLY OF DRINKING WATER


O Concello é o responsable de facer chegar a auga potable aos cidadáns e cidadás de Lugo. Dende a Estación de captación e tratamento da auga ata os domicilios lugueses hai un proceso que resumidamente é o seguinte:

- Regulación do caudal de entrada da auga procedente do río Miño
- Desbaste de sólidos
- Remineralización con CO2  e auga saturada de cal
- Medida do caudal a módulos de tratamento
- Preoxidación con ozono
- Coagulación
- Floculación
- Decantación lamelar
- Paso por filtros de area
- Postozonización
- Paso por filtros de carbón activo
- Desinfección final con cloro
- Axuste de PH
- Paso a depósito de 9.000 m3 de auga tratada.
- Bombeo ao depósito de Penarrubia
- Paso a depósito de Marcelle
- Distribución

O Servizo de Augas do Concello realiza os trámites necesarios para cumprimentar o abastecemento: Contratos de subministro, lectura de contadores, facturación de recibos, tramitación das facturas e atención ás diferente reclamacións que podan xurdin no desenvolvemento do servizo. A facturación realízase de xeito trimestral e na factura adoita inclirse tamén as taxas de recollida de lixo e sumidoiros.
Completa o Servizo de Augas o Taller encargado da instalación da rede de subministro de auga, ben sexa en traballos directos ou en mediante control dos proxectos contratados con outras empresas. Este taller é dependente da Concellería de Infraestruturas. O Taller de Auges é tamén a dependencia encargada de:

- Apertura e recheo de zanxas.
- Cortes de subministro de auga para que os fontaneiros particulares podan conectar e repara-las avarías nas acometidas dos edificios, así como controlar estos traballos.
- Localización de fugas.
- Reparación de avarías.
- Mantemento da Rede de Impulsión e da Rede de Subministro de Auga.
- Información ás empresas que traballan na cidade da localización da Rede de Subministro de Auga.
- Emisión de informes sobre traballos que son necesarios realizar para a conexión das acometidas e prolongacións de Rede que son solicitadas, así como realización de informes sobre danos ocasionados por roturas.

RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova